n04_resultados_01_GA

Melloramos a visualización de resultados

10-05-2021

Na pestana Os resultados xa podes observar o título e o estado do caso.

Lembra que podes visualizar en todo momento os resultados dos teus alumnos: os puntos obtidos en cada caso e en cada unha das pescudas, así como a súa cualificación. Accede a esta información desde a túa clase, facendo clic na pestana Os resultados.

n04_resultados_01_GA

Como sabes, podes configurar o estado en que se encontra cada caso: en curso, finalizado ou proximamente. Para cambiar o estado dun caso que engadiches a unha clase, só tes que facer clic no selo que aparece xunto á imaxe da cuberta do libro e seleccionar o estado.

n04_japon_02_GA

A selección de estados permite organizar o traballo de cada caso:

-En curso (selo verde) son os casos en que estades traballando actualmente. Desde un caso en curso, os estudantes poden acceder á sección Búscase e a As pescudas, onde encontrarán as mensaxes, os test e as tarefas que publicases ata o momento. Tamén poden abrir o libro facendo clic na súa cuberta.

-Proximamente (selo azul) son os casos que seleccionaches para a túa clase, pero aínda non queres que o teu alumnado os vexa. Este estado permíteche traballar co caso: editar a sección Búscase, modificar as pescudas, etc., antes de publicalo no muro da clase.

-Finalizado (selo vermello) son os casos que xa se resolveron: o alumnado leu o libro e resolveu as pescudas que publicaches. Cando marcas o caso como finalizado, aparece a opción Diploma. Poderás descargar un certificado de caso resolto para cada alumno… Seguro que lles encanta!

n04_resultados_03_GA