
Comparte os teus casos con outros docentes!
O equipo docente ensina e aprende cada día, e agora pode compartir os casos favoritos de Ta- Tum!
Hoxe en día, é frecuente falar dos grandes beneficios de promover unha aprendizaxe cooperativa entre os estudantes, pero, e entre os docentes? En Ta-tum, dámosche a posibilidade de realizar unha colaboración entre profesionais da ensinanza para ofrecerlle unha grande experiencia lectora á túa clase.
A innovadora ferramenta que che propoñemos trata de favorecela, posto que a través dela poderás compartir con outros docentes do teu centro educativo os teus propios casos, así como aqueles que teñas engadidos ás túas clases.
Deste xeito, o docente que recibe o teu caso e ti poderedes levar a cabo as modificacións que consideredes sen que un caso se superpoña ao outro, mantendo así o enfoque que cada un queira darlle ao seu exercicio lector.
O mellor de todo é o fácil emprego desta ferramenta. Unha vez que engadas o caso á túa clase, atende os tres puntiños da esquina superior dereita onde atoparás varias opcións a elixir, unha delas é «Compartir con».
Preme nesta opción e aparecerá unha listaxe daqueles docentes e as súas clases cos que poderás compartir o teu caso. Unha vez que fagas a túa selección, fai clic no botón de «Compartir».
Esta será a mensaxe que che indicará que o proceso concluíu con éxito.
Así será como o ve na súa clase o docente co que compartiches o teu caso. Diferenciará este novo caso porque se menciona como Copia de…
Desde Ta-tum queremos asegurar que, tanto estudantes como docentes gocen a través da lectura, por iso animámoste a que descubras esta ferramenta e goces da súa funcionalidade.