Bodegón

Libros imprescindibles en castelán para 2024

23-01-2024

Inicia 2024 cos mellores libros para seguir cultivando a curiosidade e o hábito lector da túa clase. Sen importar a súa idade, o alumnado poderá descubrir mundos marabillosos e reflexións profundas en historias que deixarán unha pegada duradeira nas súas vidas. Ademais, estes títulos contan xa con casos en Ta-tum, a través dos cales poden afondar moito máis nas fantásticas historias que encerran.

Cómo bañar a un marciano

Marciano

Texto: Franco Vaccarini
Ilustración: Carlos Higuera
Colección: Ala Delta – Serie Vermella
Idade recomendada: +4 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!

Esta historia fálanos da importancia de cultivar valores como a convivencia e a tolerancia a través da chegada dun marciano á casa de Lucio, este será o seu novo compañeiro de habitación e terá que aprender todo o necesario para saber coidalo. Será capaz de facelo?

Un regalo para Silvia

Sílvia

Texto: Fran Pintadera
Ilustración: Ximo Abadía
Colección: Ala Delta – Serie Vermella
Idade recomendada: +6 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!

A novela métenos de cheo na vida de Silvia. Para ela o día do seu aniversario é moi importante, por iso adoita asegurarse de que o seu agasallo sexa todo o que soña. Pero, ás veces, o que desexamos non é exactamente o mesmo que imaxinaramos. Os aniversarios, como a vida, están cheos de sorpresas.

El extraño caso del castillo Billinghurst

Castillo

Texto: David Fernández Sifres
Ilustración: Albertoyos
Colección: Escola de Detectives Avante
Idade recomendada: +8 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!

Este libro, cheo de suspense e aventuras cos nosos detectives favoritos da Escola Avante, Axel, Zinca, Oto, Ciro e Helena —o primeiro da colección—, non deixará indiferente a ninguén, recordándonos valores tan importantes como a convivencia coas demais persoas e a resolución de conflitos.

El cartero de Bagdad

Bagdad

Texto: Marcos S. Calveiro
Colección: Ala Delta – Serie Verde
Idade recomendada: +10 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!

O XVIII Premio de Literatura Infantil Ala Delta en 2007 conta unha historia ambientada en Bagdad, unha cidade onde os seus habitantes viven coas miradas fixas no ceo. O noso protagonista Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta e propoñerase entregar unha carta custe o que custe…

Días azules, sol de la infancia

Días azules
Texto: Marcos Calveiro
Colección: Alandar
Idade recomendada: +14 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!

Con estes versos do poeta Antonio Machado, o libro remóntanos a un momento complicado en España, a Guerra Civil. Era difícil imaxinar que tras a frase que o avó de Nico, o protagonista, sempre repetía, se agochaba unha historia chea de misterios que resolver, aventuras por vivir e perigos que sortear. Esta é unha novela ideal para traballar a historia española e o noso mundo contemporáneo, ademais, os valores como a paz, a liberdade e a tolerancia cobran un especial sentido dentro dela.