Os libros da clase: a túa biblioteca de aula en Ta-tum

23-05-2022

En Ta-tum seguimos crecendo e mellorando cada día. Presentámosche unha nova funcionalidade que traslada a idea da biblioteca de aula ao formato dixital. Queres saber en que consiste? Sigue lendo!

En cada unha das túas clases incorporamos unha lapela. Agora atoparás «Os libros» xunto a «Os casos», «Os detectives» e «Os resultados». Nesta nova sección recóllense os libros dos casos que esteas resolvendo con cada unha das túas clases e as recomendacións lectoras para os teus estudantes que engadas a cada grupo. É dicir, a lapela «Os libros» é a vosa propia biblioteca de aula dentro de Ta-tum.

 

Ao entrar, atoparás unha selección de lecturas. Ao facer clic na cuberta móstrase o progreso de lectura dese título por parte de cada estudante. Esto permitirache facer un seguimento da actividade lectora do teu alumnado. Tamén atoparás un botón «Ler» para abrir o libro.

 

Os estudantes tamén dispoñen dunha pestana «Os libros» nas súas clases, onde atoparán os correspondentes aos casos que estades traballando xuntos, así como as recomendacións lectoras que engadas para eles. Ao premer sobre unha cuberta o libro abrirase. Esta biblioteca funciona como un acceso rápido ás súas lecturas. 

 

Como se suman títulos a esta biblioteca dixital? Moi fácil!

Cada vez que engadas un caso á túa clase, automaticamente aparecerá o libro correspondente na lapela «Os libros».

Ademais, poderás seleccionar lecturas para os teus alumnos e alumnas desde o catálogo de Ta-tum. Utiliza os filtros de idioma, idade, xénero, temática, etc. para atopar recomendacións adaptadas ao seu nivel lector, os seus gustos e os seus intereses. 

 

Na ficha de cada libro hai un botón «Engadir á miña clase». Fai clic nel e selecciona a clase ou clases onde queiras que estea dispoñible.

Non é xenial? Que fácil é recomendarlle historias ao noso alumnado para que siga crecendo a súa paixón pola lectura e facer un seguimento personalizado da súa actividade lectora!