
Fichas de lectura por nivel lector
Rexistra as lecturas do curso con estas fichas de lectura Ta-tum. Entrégaas na clase para analizar e reflexionar sobre calquera libro. Ten en conta que non están asociadas a ningún caso en particular. Iso si, propoñémosche tres modelos de ficha, en función do nivel dos lectores.
Cada ficha de lectura componse de dúas páxinas. Na primeira, preséntanse os aspectos máis técnicos do libro (identificar o autor, o ilustrador, o título…) e algunhas cuestións básicas de reflexión ou de recollida de información sobre a obra (identificar os personaxes, o tema, o lugar e o tempo onde ocorre a historia do libro…).
Na segunda páxina, propóñense actividades máis creativas e relacionadas coas emocións suscitadas a partir da lectura.
Podedes organizar estas fichas nun arquivo. Se as clasificades, teredes información dos títulos sempre a man.
Descarga este recurso desde o botón Imprimibles de cada unha das túas clases e selecciona cal dos tres modelos de ficha queres imprimir en cada caso, en función do nivel lector.