Top 5 de funcionalidades de Ta-tum que quizais non coñezas
Cres que estás aproveitando todos os recursos que ofrece Ta-tum? Aquí vai o noso top cinco de funcionalidades que fan desta plataforma un lugar práctico e motivador tanto para o teu alumnado como para ti.
1. Crea a túa propia clase
Á hora de organizar o teu alumnado para comezar a traballar é importante que teñas en conta que poderás crear as túas propias clases, tantas como queiras, algo que che permitirá traballar incluso por recunchos.
Lembrámosche como podes facelo: na esquina inferior dereita da túa páxina principal encontrarás o botón «Crear clase»; aí poderás poñerlle nome, elixir o nivel educativo que corresponda, personalizar a foto da clase e engadir os detectives.
2. Crea e asigna as túas propias medallas
A adquisición de medallas e recompensas, conforme os estudantes van avanzando na resolución do caso do libro que están traballando, é, sen dúbida, un elemento moi motivador para eles.
Se queres, podes aumentar o número na pestana «Búscase». Unha vez que actives a edición na esquina superior dereita, tan só terás que ir á sección de medallas, aí poderás engadir e personalizar a puntuación, engadir unha descrición e elixir a que máis che guste.
Para asignala, abre aquela pescuda á que desexes asociala e publicala.
3. Sección de imprimibles: motiva o teu alumnado
Outro grande elemento motivador dentro de Ta-tum é a sección de «Imprimibles»: aportan recoñecemento despois de acabar un caso e estimulación á hora de traballar os seguintes.
4. Vídeos de presentación e final
Sabes que desde a túa Clase podes acceder aos nosos vídeos de presentación e final? O obxectivo destes é somerxer o teu alumnado no mundo detectivesco e contextualizar todos os casos que desexes traballar na clase.
Actualmente dispoñemos de catro episodios:
- «El misterio del cometa», onde os personaxes e os obxectos dos libros cobraron vida e escaparon a causa dun estraño fenómeno producido polo cometa Halley.
- En «La maldición de Nut» un antigo sarcófago contiña pergamiños que non debían ser lidos…
- «¡Atención, virus!». Un virus está atacando os libros!
- «¡Japón helado!». Así quedou, cuberto de neve, desde que alguén roubou o libro máis antigo da historia.
Por defecto aparece o Episodio 1. Poderás seleccionar outro diferente, pulsando nos tres puntos que encontras a continuación do título, e reproducilo no botón de «Presentación».
5. Solicita o caso do teu libro favorito
Podes solicitar un caso na plataforma. Desde a Biblioteca de libros, ao seleccionar un que desexes traballar na túa Clase e aínda non teña caso desenvolvido, encontrarás varias opcións, unha delas é «Solicitar caso».
A plataforma notificaránolo, escribiranse os máis votados e publicaranse na Biblioteca de casos.