Sempre hai momento para un bo libro e pode gozarse da lectura en calquera lugar.
Ta-tum volo pon moi fácil! Non sabedes que título elixir? Propoñémosvos algúns.
Inmundicia e Roñoso
Texto: Ledicia Costas Ilustración: Laura Catalán Colección Ala Delta Vermella Idade recomendada: A partir de 5 anos
Sinopse: Estrela e Max andan nos colectores do lixo na procura de roupa e comida. Para os demais nenos do barrio non son Estrela e Max, senón Inmundicia e Roñoso, dada a sucidade que acumulan. Unha tarde, os nenos do barrio empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta. Alí, Inmundicia e Roñoso descobren un mundo insólito onde cada obxecto agocha unha aventura (ás veces disparatada) que os axudará a sacar o mellor de si.
No corazón da balea
Texto: Antonio Manuel Fraga Ilustración: Xan López Domínguez Colección: Ala Delta Vermella Idade recomendada: A partir de 5 anos
Sinopse: Aicí e mais Reibax son dous irmáns que viven na illa Pepereta. Unha mañá, cando se dirixen á escola, os nenos desvían o seu camiño e entran na carpa dun vello circo. Alí atopan algo abraiante: un enorme submarino con forma de balea! Como chegaría ata ese lugar? Os irmáns deberán resolver varios enigmas para descubrir o misterio que agocha este curioso invento.
O home que sabía voar
Texto: Xabier López López Ilustración: Xan López Domínguez
Colección: Ala Delta Azul Idade recomendada: A partir de 8 anos
Sinopse: A quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo, a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala. Aínda que talvez non sexa algotan normal, non si? Actuacións, xiras, viaxes internacionais… Voar! Será en verdade tan estupendo como parece? Premio Frei Martín Sarmiento, 2017.
A rapaza da fiestra
Texto: Xavier Estévez Ilustración: Fernando Llorente Colección Ala Delta Verde Idade recomendada: A partir de 10 anos
Sinopse: Cando Lucas decide probar o telescopio que lle regalan os pais polo seu aniversario, non imaxina a sorpresa que lle espera do outro lado da súa fiestra. Tras os vidros escachados dunha fábrica en ruínas descobre unha rapaza, coa que empeza a comunicarse con breves mensaxes escritas en cartóns. Co tempo comprenderá a reclusión desa nena e a aparente imposibilidade de servirlle de axuda.
O elefante branco
Texto: Xesús Fraga Colección: Catavento Idade recomendada: A partir de 14 anos
Sinopse: O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos. Na súa compaña, o mozo protagonista desta novela irá descubríndoos ata mesmo remontarse a un decisivo episodio da II Guerra Mundial. Unha novela na que habitan ilusionistas capaces de deter balas cos dentes, belas damas que traballan para o servizo de espionaxe, trens nocturnos e automóbiles de luxo. Premio Frei Martín Sarmiento, 2014.
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos como la medición de la actividad de la web e introducir mejoras para el usuario. Puede consultar más información a continuación.
Funcional
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.