n05_tquiz_01_posiciones_GA

Gústanche os retos na aula? Se é así, os nosos T-Quiz son para ti!

02-06-2021

Lembrades o que lestes na clase? Comprobádeo cos T-Quiz Ta-tum! Non perdades este xogo de preguntas e respostas, en tempo real, sobre cada un dos títulos dispoñibles na biblioteca Ta-tum. É moi divertido! Só necesitas que cada estudante teña o seu dispositivo e conexión a Internet. 

Comeza o xogo!

Coma docente, podes crear ou seleccionar preguntas sobre os casos que estades lendo e asignalas a modo de cuestionario interactivo. Queres saber como? En primeiro lugar, accede á clase coa que queres xogar e fai clic no botón T-Quiz.

n05_tquiz_02_boton_GA

A continuación, elixe se queres utilizar as preguntas que che facilitamos ou se prefires crear o teu propio cuestionario interactivo. 

Desde a opción Seleccionar, agora podes filtrar as preguntas dos casos que engadises á clase. Ademais do nome do caso, tamén se indica en que estado se atopa (próximo, en curso ou finalizado). En cada un deles atoparás as pescudas autocorrixibles para empregalas como un xogo de preguntas e respuestas. 

Algo moi interesante é que tamén podes acceder aos T-Quiz que creases anteriormente. Telos dispoñibles para calquera das túas clases, así podes reutilizar os que xa creases. Fai clic en Os meus T-Quiz para xogar a un dos teus cuestionarios existentes.

n05_tquiz_03_seleccionar_GA

Configura un novo T-Quiz desde a opción Crear. Podes incluír preguntas de diferentes modelos: múltiple opción, encher espazos e clasificación. Simplemente, asigna un nome ao exercicio e engade tantas preguntas como queiras.

En cada pregunta deberás introducir o enunciado e as posibles respostas. Ademais, é necesario indicar a resposta correcta e a súa puntuación. 

Tamén podes engadir o feedback que recibirán os estudantes ao seleccionar a opción correcta. 

Observa a vista previa da pregunta na parte dereita da pantalla e cando engadises todos os datos, fai clic en Rematei. Máis tarde, poderás volver editar esta pregunta.

n05_tquiz_04_crear_GA

Cada un dos estudantes necesitará un dispositivo para iniciar sesión en Ta-tum. Cando elixises o T-Quiz que queres lanzar, e todos estean en liña, fai clic en Comezar

Se queres, podes establecer un tempo límite en que o teu alumnado debe responder cada pregunta. Tamén podedes utilizar o “Chat en tempo real” para intercambiar mensaxes.

Comeza o xogo!