
Xa podes ordenar as pescudas
Hai tantas formas de orde como persoas, o importante é que todas elas tratan de poñer os medios para dirixir a actividade lectora cara a unha experiencia o máis enriquecedora posible non só para o alumnado senón tamén para o docente.
Ata o de agora, aínda que xa encontrabas unha orde predeterminada polo autor do caso, podías publicar as pescudas segundo o teu propio criterio, pero á hora de ordenar as pescudas unha vez publicadas, era máis delicado levar a cabo esta opción.
Co obxectivo de adaptar os distintos casos e procesos de comprensión lectora ás necesidades de cada clase nace esta nova opción en Ta-tum. Agora tes a posibilidade de ordenar as pescudas de cada caso dun xeito máis doado e rápido, segundo os distintos parámetros que cada docente teña establecidos, así como criterios de avaliación ou o traballo no desenvolvemento de competencias dos estudantes.
Ademais, tamén poderás compatibilizar os casos cos contidos correspondentes a outras clases, traballando así a través da interdisciplinaridade e segundo a túa maneira de programar
É moi sinxelo: na esquina superior dereita de cada pescuda encontrarás tres puntos verticais que amosan as opcións de orde: ‘«Mover cara arriba» e «Mover cara abaixo».
Este recurso abre moito máis aínda o abano cara ás distintas maneiras de abordar a comprensión lectora, algo que favorece os lectores e lectoras, e os docentes, tanto a nivel académico como no desenvolvemento como persoa ou como profesional da ensinanza.
Recorda: para poder xestionar as túas pescudas tes que engadir antes un caso á túa clase.