
Estreamos os novos videotitoriais para docentes
Escoitámoste e, para empezar este novo curso Ta-tum con bo pé, traémosche a novidade que estabas esperando: os nosos videotitoriais Ta-tum! Agora, nun clic, terás toda a información necesaria para converterte en experto ou experta na plataforma e poder dirixir os teus detectives da Escola Avante.
Neste artigo presentámosche os vídeos para que encontres facilmente toda a información que estabas buscando, prepárate!
Empezamos polo acceso a Ta-tum: tes dúbidas sobre como entrar á plataforma ou aínda non te rexistraches? Non te preocupes, en Entrar en Ta-tum. Acceso para docentes poderás encontrar toda a información relacionada, contando coas diferentes posibilidades para iniciar sesión como docentes –como o acceso desde Google ou Microsoft–, así como un acceso directo ao formulario de rexistro se aínda non tes conta. Este vídeo tamén che axudará nos primeiros pasos para que o teu alumnado reciba as súas credenciais de acceso.
Queres saber todo o que podes facer como xefa ou xefe de investigacións literarias? Entra en Presentámosche Ta-tum. Percorrido polo perfil do docente. Este vídeo ofrece unha visita guiada polo teu perfil, desde a súa configuración máis básica ou como cambiar a túa foto, ata a xestión dos teus grupos contida en «As miñas clases».
Agora que xa sabes navegar pola plataforma, comeza a aventura! En Engadir un caso a unha clase axudámosche a elixir o caso máis axeitado para o teu alumnado entre toda a biblioteca Ta-tum e guiámoste sobre as posibilidades para asignalo: a opción «configurable» permíteche seleccionar máis adiante que pescudas queres publicar; ademais, poderás editalas e programalas. A opción «automático» publica automaticamente as pescudas autoavaliables no muro do caso, polo que o teu alumnado poderá resolvelas desde ese mesmo momento.
Una vez asignado, hay que ponerse manos a la obra con las pesquisas. Ya sea desde la opción «automático» o «configurable», en Publicar y programar pesquisas te mostramos cómo seleccionar, gestionar y publicar las pesquisas. ¿Prefieres programarlas para más adelante? ¡No te preocupes, también lo vamos a ver!
Para coñecer como xestionar todas as túas tarefas docentes relacionadas coa resolución dos casos non perdas Xestión do traballo docente. Pantalla traballo. Aquí tamén ves como configurar as túas notificacións e localizar as pescudas enviadas ao teu alumnado.
Cando os teus estudantes completasen as actividades, terás que corrixilas e en Xestión do traballo docente. Corrección de pescudas descubrirás rapidamente como cualificalas e devolvelas ao teu alumnado para que as revise. Tamén che explicaremos como marcar unha pescuda como revisada.
Por último, no vídeo Lectura para docentes. Como seleccionar e ler un libro ensinámosche a manexar o noso catálogo e como funciona a interface de lectura para que poidas escribir notas nos teus libros, modificar a súa aparencia, resaltar palabras ou frases… e, en definitiva, todo o necesario para que ti e cada un dos teus estudantes poidades personalizar as vosas experiencias de lectura.
En Axuda de Ta-tum amosarémosche a onde acudir cando teñas dúbidas ou precises poñerte en contacto co soporte. Ademais, xa podes acceder aos videotitoriais e ás gravacións das nosas formacións en liña desde a plataforma, descubre como!
O tradutor integrado no navegador web pode interferir no contido dos libros de Ta-tum. En Solucionar problemas de tradución poderás ver paso a paso como deshabilitar o tradutor de Google Chrome para poder ler con normalidade.
Cres que isto é todo? Aínda queda máis por descubrir! Non lle quites ollo a Café Ta-tum, aquí poderás ler todas as primicias: como os videotitoriais para estudantes, que lles axudarán a manexar a plataforma con maior facilidade e autonomía.