
Axuda extra grazas aos videotitoriais para estudantes
En Ta-Tum pensamos tanto en ti coma nos teus alumnos e alumnas, e non só queremos axudar a que gocen da lectura, senón tamén ser un apoio no seu día a día. Así que te invitamos a explorar os nosos videotitoriais para estudantes, ideados para que os teus detectives da Escola Avante aprendan rapidamente a manexar a plataforma de forma autónoma e experimenten toda a diversión da gamificación.
Neste artigo encontrarás o acceso a toda a información e vídeos dispoñibles para apoialos nesta tarefa.
Podes empezar por ensinarlles a acceder á plataforma. En Entrar en Ta-tum. Acceso para estudantes mostramos como iniciar sesión coas súas credenciais de estudante. Lembra enviarlles os seus datos de acceso para que poidan entrar en Ta-tum. Neste vídeo, tamén explicamos outras opcións de acceso asociadas a contas de Google ou Microsoft.
Presentámosche Ta-tum. Percorrido polo perfil do estudante. Neste vídeo facemos un repaso polos menús principais da plataforma. Así, cando lles asignes un caso, xa coñecerán o funcionamento de todas as pantallas e estarán preparados para concentrarse na aventura de ler.
En Lectura para estudantes. Como encontrar e ler un libro poderedes ver como acceder ás lecturas de cada caso e cales son as opcións que ofrece a interface de lectura. Tamén engadimos toda a información necesaria para o manexo do catálogo, por se queren ler outros títulos.
En relación ás súas tarefas como detectives, preparamos o vídeo Resolver pescudas onde lles ensinarás que tipos de pescudas hai, como ver se teñen algunha pendente de realizar e tamén saber o estado en que se encontra a súa tarefa.
Un aspecto moi importante é que aprendan a facer un seguimento das súas tarefas e resultados, así que che propoñemos ver Os meus resultados, correccións e logros, onde lles ensinarás a ver a súa evolución nos casos e os logros obtidos.
Con esta información, os estudantes converteranse en verdadeiros expertos en Ta-Tum e estarán preparados para rescatar todos os personaxes perdidos.
E ti, xa coñeces todas as posibilidades de Ta-tum? Descúbreas nos nosos videotitoriais para docentes.