cabecera

A tecnoloxía, a nova aliada da lectura

20-03-2024

A entrada das novas tecnoloxías no mundo lector transformou profundamente o modo de concibir tanto a lectura como os hábitos lectores das persoas máis novas. As plataformas dixitais como Ta-tum tratan de amosar formas innovadoras e máis accesibles á literatura.

– A proposta dun acceso instantáneo a un amplo catálogo de libros permite eliminar as barreiras físicas e económicas asociadas á adquisición de libros tradicionais.

– A incorporación dunha maior interactividade a través de elementos multimedia como vídeos, enlaces e xogos enriquece a experiencia lectora, especialmente atractiva para quen está acostumado á interactividade en contidos dixitais.

– A personalización da lectura, por exemplo os axustes de tamaño de texto e fondo, posibilita unha lectura máis accesible para estudantes con dificultades de visión ou dislexia, en consecuencia, unha experiencia máis inclusiva.

– O fomento dunha comunidade lectora propicia crear e participar en espazos de lectura, así como compartir recensións, e debater sobre distintos libros, ampliar a comprensión dos mesmos e o aprecio polas diferentes perspectivas e diversidades.

– Os programas de desafíos e o sistema de recompensas permítenlles aos lectores rastrexar o seu progreso, gañar insignias ou medallas, e compartir os seus logros nas redes sociais.

– As ferramentas educativas integradas promoven a comprensión lectora: dicionarios de imaxes, acceso directo a capítulos, notas, marcadores… e cuestionarios interactivos ofrecen unha forma moito máis dinámica e activa de aprender que permite non só reter unha información senón tamén lograr unha aprendizaxe real e significativa.

A tecnoloxía revolucionou o mundo da literatura, transformando a maneira na que os mozos e mozas interactúan con ela. Grazas a estas ferramentas dixitais poden vivir experiencias lectoras máis atractivas, accesibles e enriquecedoras que os alentan desde a infancia a convertérense en lectores activos ao facer da lectura non unha «obriga» senón unha actividade dinámica, interactiva e social, que se convirte nunha aprendizaxe perdurable.