niño leyendo

3 experiencias de aprendizaxe Ta-tum para inspirarte

17-03-2021

Ta-tum é unha plataforma orientada a incentivar a lectura dentro e fóra da aula. Unha ferramenta para converter a lectura nunha experiencia colectiva, así que… Que mellor que compartir as experiencias de tres docentes que levan anos utilizando Ta-tum?

Elisa Beltrán é profesora de 2.º de Primaria no Colexio Alter Vía de Oviedo. Utiliza a plataforma desde hai xa tres anos e, segundo as súas propias palabras, “Ta-tum é unha viaxe ao máis profundo da ilusión”.

“Grazas a Ta-tum conseguín que o meu alumnado goce lendo. É difícil ver nenos e nenas de 7 e 8 anos cun libro na man (prima o tecnolóxico), pero cando descobren o universo Ta-tum onde cada libro é unha aventura, un reto e un xogo cheo de emoción, todo cambia: ler convértese nun pracer.”

Elisa Beltrán

 

Desde o Colexio La Salle Felipe Benito de Sevilla, José María Valpuesta cóntanos a súa experiencia co alumnado de 1.º de ESO.

“Creo que temos a obriga coma educadores de buscar as mellores ferramentas para potenciar as competencias clave dos nosos alumnos e alumnas. Sen dúbida, usar Ta-tum para a lectura é unha delas.”

José María leva varios anos utilizando a plataforma nos seus procesos de ensino-aprendizaxe.

Está a darnos moitas satisfaccións! Convertemos as nosas clases nunha grande escola de detectives e o noso alumnado nos mellores investigadores. Esta ferramenta permitiunos cambiar o contexto de aprendizaxe ao redor da lectura. A motivación, gamificación, cooperación, etc. acompáñannos durante todo o curso.”

jose maria malpuesta

Cando lle preguntamos sobre as distintas maneiras en que utiliza Ta-tum e como a integra nas súas experiencias de aprendizaxe, explícanos o seguinte:

“O primeiro paso foi decorar as nosas aulas coma se fosen unha escola de detectives, cos imprimibles da plataforma. O segundo paso foi meternos no papel de detectives: fixémonos cos complementos necesarios, imprimimos o noso carné e comezamos a resolver as pescudas dos nosos casos. Conseguimos puntos, medallas e diplomas, que xogan un papel moi importante para manter a motivación.”

No Colexio La Milagrosa – Fundación Educere de Xixón falamos con Óscar García que nos conta como están sendo estes dous cursos desde que introduciu Ta-tum na súa aula. Para Óscar, coma docente de Primaria, un dos maiores retos é lograr acender a chama da lectura no seu alumnado para abrir un mundo de aventuras que desenvolva a súa imaxinación, que mellore as súas competencias lectora e lingüística e que os achegue a un mundo que cada vez se atopa máis afastado dos seus intereses.

“Decidimos apostar pola plataforma e achegar os libros de maneira gamificada. Os dispositivos dixitais e as misións en que o alumnado se sente protagonista da súa propia aventura resultaron todo un aliciente.”

Óscar comprobou neste tempo como a implicación e a motivación do alumnado e das familias aumentou ata o punto de ser os propios alumnos e alumnas os que lles piden novos casos, que foron integrando no día a día das principais áreas coma lingua e matemáticas.

“Agora convertemos Ta-tum e todo o plan lector no fío condutor da nosa aprendizaxe.”

Oscar Guerra

Resultáronche útiles estas experiencias? Subscríbete á nosa Newsletter porque temos moitas máis para compartir contigo.