Kids playing with modern mobile devices

“Para min Ta-tum é o Netflix dos libros”

20-04-2021

n03_testimonio_formador_xurxo_01

Xurxo Cobelas, profesor e pai, cóntanos a súa experiencia coa plataforma Ta-tum. 

“Só podo falar marabillas de Ta-tum. Unha fantástica biblioteca da que podemos gozar tanto online coma offline”.

Para Xurxo, coma pai, a gran vantaxe de Ta-tum é que dispón dunha cantidade enorme de literatura para que a súa familia goce da lectura en distintos idiomas e en calquera lugar.

E coma profesor, dinos, é aínda mellor, se cabe. “Podo acceder a esta gran biblioteca e converter cada libro nunha aventura. É tan sinxelo coma elixir o título que quero que os meus alumnos lean (para iso Ta-tum ten un filtro magnífico que me permite seleccionar idade, idioma, temática…). Despois, mediante uns modelos preconfigurados, esa lectura convértese nun caso de detectives que o meu alumnado ten que resolver a medida que len o libro. É simplemente xenial e moi sinxelo.”

n03_testimonio_formador_xurxo_02_TAM

Cando Xurxo entra en Ta-tum, selecciona un libro, elixe as preguntas que quere que os estudantes vaian contestando (seguramente o faga dun banco xa creado), asigna as puntuacións e as recompensas de cada pregunta e… xa ten a clase enganchada á lectura!

Ah, e todo configurable para adaptalo ás súas preferencias e necesidades.

“Ta-tum é unha ferramenta marabillosa para potenciar o gusto pola lectura nos mozos. Recoméndoo encarecidamente”.