Ta-tum: Los cuentos del viejo Roble

Xa en Ta-tum os ‘Cuentos del viejo roble’!

21-02-2022

Ampliamos o fondo da biblioteca Ta-tum para que os detectives poidan iniciarse nunha das coleccións máis entrañables de Edelvives: Cuentos del viejo roble.

Estas seis pequenas grandes historias protagonizadas por animais reflicten as dificultades da convivencia e mostran aos primeiros lectores como moitos problemas poden superarse cando prevalecen valores como a comprensión, o respecto e a tolerancia.

Son perfectas para nenos e nenas a partir de cinco anos, xa que están escritas con linguaxe sinxela, en letra ligada e inclúen coloridos e coidados pictogramas. Nestes libros, a diferenza doutros que atoparás na biblioteca de Ta-tum, non é posible modificar a tipografía. Ademais, cada un inclúe un glosario de pictogramas.

O coello Albin; Curro, o castor; a ra Micaela ou Camila, a iguana, están desexando compartir todas as súas aventuras! Unha colección perfecta para dar os primeiros pasos e empezar a desenvolver o gusto pola lectura. Xa pensaches onde e como ides ler esta colección: na clase, en voz alta, na casa, antes de durmir, en calquera momento e lugar? Anima as mamás e os papás dos teus estudantes a ler xuntos, en familia.

E ademais, se queres retar o teu alumnado con actividades sobre a súa lectura, convidámoste a desenvolver os teus propios casos relacionados con estes títulos. Neste artigo contámosche como podes crear un caso a medida.

Agora que xa coñeces esta colección, gustaríache dispoñer de casos sobre estes títulos para utilizalos cos teus pequenos lectores? Cóntanos, tomamos nota! Pronto habilitaremos a opción de «Solicitar caso» para os libros que aínda non contan con esta proposta didáctica.

 

Albin, un coello valente

Albin, un conejo valiente

Albin é un coello diferente. En lugar de ser gris, coma os demais, é branco. E iso faino sentirse só. Todo cambiará cando salve unha anciá coella de ser atacada polo lobo e se converta no heroe do bosque.

recurso_separadorestrella_tatum

Curro, un castor traballador

Curro

Curro sempre está traballando e nunca ten tempo para estar con ninguén. Un día atópase en perigo e todos os animais acoden na súa axuda. Este castor darase conta do importante que é compartir o tempo cos demais!

recurso_separadorestrella_tatum

Micaela, unha ra ridícula

Micaela, una rana ridícula

Os animais do bosque din que Micaela non é bonita. Pero o único que pasa é que é unha ra. Unha ra que se converterá nunha auténtica heroína ao salvar os animais pequenos das fauces do lobo.

recurso_separadorestrella_tatum

Camila, unha iguana estranxeira

Camila

Camila é unha iguana que adora a calor. Vive moi contenta cos animais do bosque… ata que chega o outono. Quizais os seus amigos, con apoio dos birrios, poidan axudala a emigrar en busca do sol?

recurso_separadorestrella_tatum

Margarita, unha pega avariciosa

Margarita

Margarita recolle obxectos brillantes co único afán de reunir un tesouro. Os animais vana visitar, pero ela bótaos e acaba quedando soa. O día da festa do bosque, a pega Margarita aprende unha lección de xenerosidade cando decide compartir o seu tesouro para gozalo coas súas amigas e amigos.

recurso_separadorestrella_tatum

Rómulo, un lobo solitario

Rómulo, un lobo solitario

Rómulo é un pequeno lobo que medrou só, asustando a veciñanza. Unha manda convídao a que os acompañe, pero el non acepta. Máis tarde, dáse conta da importancia de compartir e búscaos para gozar da vida en común. recurso_separadorestrella_tatum

Rocío Antón (Aranda de Duero, 1964) e Lola Núñez (Madrid, 1961) son amigas, prolíficas autoras de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil, e conforman un exitoso tándem literario desde hai vinte e seis anos. Algúns fins de semana contan contos para maiores e pequenos e escribiron a un tempo a colección Cuentos del viejo roble. Tamén son as autoras das coleccións Buenos de cuento e Malos de Cuento, así como de Los casos de Sherlock Tópez, o famoso topo detective.

Paz Rodero (Salamanca, 1957) é ilustradora, animadora, escritora e licenciada en Dereito. Ilustrou máis dun centenar de libros e desenvolve proxectos editoriais, de ilustración e deseño gráfico, así como xogos e vídeos educativos tanto en España como para editoriais de Europa, Asia e América.