
Webinar gratuíto: dinamizar o plan lector con Ta-tum
Queres saber como utilizan esta plataforma outros docentes para traballar a lectura na aula? Sergio Sánchez, mestre de Educación Primaria, comparte con nós a súa experiencia. “Na miña clase, os nenos aprenden coma sempre, pero dunha maneira diferente”.
Cada vez custa máis ver nenos e adolescentes ler cun libro de formato tradicional, pero iso non quere dicir que non lles guste ler, só buscan un formato máis estimulante.
Coma docentes, non podemos desaproveitar as portas que nos abre a tecnoloxía para aumentar a motivación pola lectura.
As aprendizaxes non son froito dun único estímulo, senón de moitos factores e experiencias que os alumnos van ter ao longo da súa vida. Sergio explícanos que Ta-tum lle axuda a crear conexións entre materias, xa que as lecturas dunha materia lle serven para traballar contidos doutra. A miúdo, busca fragmentos de lecturas relacionadas con distintas áreas. Así é como relacionan as novelas que len na clase coas materias e isto axuda ao seu alumnado a conectar as súas aprendizaxes coa súa vida real.
Se queres escoitar en directo a Sergio Sánchez, non perdas o noso webinar gratuíto con el: “Como dinamizar o teu plan lector? Ta-tum poncho fácil”.
Tes tres datas para elixir. Inscríbete agora!
Xoves, 29 de abril
Martes, 11 de maio
Xoves, 27 de maio
Horario: de 18 h a 19 h.
Relator: Sergio Sánchez, mestre de Educación Primaria, Google Trainer e Educador Certificado Google Nivel 1 e 2.
Idioma: Castelán
Corre! As prazas son limitadas.
Lembra: un día antes do webinar enviarémosche a ligazón de acceso ao teu correo electrónico. Poderás seguir a sesión comodamente desde calquera dispositivo e lugar.