n06_lecturas_cabecera_CAS

Voa coa nova Ala Delta Laranxa!

04-07-2022

A nova Serie Laranxa da colección Ala Delta estréase na biblioteca de Ta-tum.

Estes libros ilustrados, recomendados a partir de catro anos, unen a dose xusta de tenrura, entretemento e humor para converterse nunha gran ferramenta de animación á lectura. Son estupendos para comezar a utilizar a plataforma e a resolver os primeiros casos cos e coas detectives máis novos.

 A colección Ala Delta medra e transfórmase con historias específicas para Educación Infantil e o primeiro curso de Educación Primaria. A serie iníciase con tres títulos, preparados para dialogar sobre temas importantes na primeira infancia e no ambiente educativo.

recurso_separadorestrella_tatum

Don Yata. El misterio de las bayas doradas

Texto: David Fernández Sifres
Ilustración: Claudia Ranucci
Colección: Ala Delta – Serie Laranxa
Idade recomendada: + 4
Letra ligada

 

 

As bagas douradas desapareceron e, sen elas, non haberá Festival de Primavera. Poderá Don Yata descubrir que foi o que ocorreu e recuperalas? Un conto entrañable que une a intriga coa importancia do coidado do medio ambiente. Ten letra ligada e dispón dun caso asociado en Ta-tum… Descúbreo cos primeiros lectores!

recurso_separadorestrella_tatum

Nunca está de más que Fantastic Man venga a visitarte

Texto: Daniel Merino
Ilustración: Álvaro Fraile
Colección: Ala Delta – Serie Laranxa
Idade recomendada: + 4
Letra maiúscula

 

 

Quen é o auténtico superheroe? A quen representa Fantastic Man? Estas preguntas sobrevoan esta historia na que Clara confía plenamente nun heroe de ficción para que a axude en todos os apuros nos que se mete. Non obstante, serán a súa avoa, súa nai e outros personaxes reais os que acudan a ela cando o necesite. Un conto escrito en maiúscula para facilitar a súa lectura. Se desexas que haxa un caso sobre el en Ta-tum, non esquezas solicitalo.

recurso_separadorestrella_tatum

Fantabuloso

Texto: Mercè Canals Ferrer
Ilustración: Daniel Jiménez
Colección: Ala Delta – Serie Laranxa
Idade recomendada: + 4
Letra maiúscula

 

 

Crecer é difícil e Esmeralda deuse de conta. Non obstante, pouco a pouco descubrirá as vantaxes que ten facerse maior. Esta  historia serve de acompañamento emocional para os teus estudantes nesta etapa natural da infancia. Este libro está escrito en maiúscula para facilitar o proceso de lectoescritura e dispón dun caso na plataforma, comeza a investigación!

recurso_separadorestrella_tatum

 

Para finalizar…

A Serie Laranxa non é a única incorporación neste inicio de curso, tamén se suman outras novidades das coleccións Ala Delta e Alandar! 

A diferenza doutras lecturas en Ta-tum, nos títulos da Serie Laranxa non se poden realizar modificacións coma o tamaño do texto ou o estilo da tipografía, para garantir a correcta relación entre texto e ilustración. Estes libros ofrecen historias onde a imaxe é a protagonista, o que facilita a comprensión lectora ao albergar pistas sobre a narrativa. Son o impulso que necesitas para aumentar na aula as ganas de ler. Desfruta da súa lectura!