vale_privilegio_01_TAM

Coñece os vales de privilexio Ta-tum!

08-04-2021

Ta-tum conta con este imprimible para gamificar na aula: os vales de privilexio. Entrégallos ao teu alumnado para animalo a ler e recompensar os seus bos resultados. Descarga e imprime estes vales e dinamiza as túas sesións de lectura. 

Xa sabes que a gamificación educativa é fundamental nas aulas. Explica na clase que son os novos vales de privilexio de Ta-tum para que mostren interese por eles e se convertan nos teus aliados. Con este sistema de recompensas, a motivación dos alumnos e alumnas está asegurada. Verás que, cando van conseguindo logros e van percibindo o seu progreso, se implican máis na lectura

Con estas tarxetas os profes outorgades aos alumnos recompensas pola súa actitude, o seu progreso, o seu interese… Cada vale de privilexio concede un beneficio a quen o recibe. Están inspirados nos personaxes da prestixiosa Escola Avante: Zinca, Áxel, Oto, Helena, Ciro, Arístide e a Profesora Taffeine. Por exemplo, o vale de Zinca permite poñer ou escoitar música durante o tempo de lectura na clase. En cambio, co da Profesora Taffeine concededes un día extra para resolver as tarefas de lectura.

vale_privilegio_02_TAM

Algúns privilexios pensáronse para fomentar o gusto e o gozo pola lectura, outros para favorecer a lectura compartida e outros para facilitar a resolución das pescudas aos detectives. Pero, atención, contamos cun vale de privilexio especial. Con el podes ofrecer calquera outra recompensa que imaxines ao teu alumnado. Aquí van algunhas ideas para sacarlle partido: facer un debuxo sobre un libro que lle guste ao estudante que o consiga, elixir o seu seguinte libro de lectura ou recomendar o seu libro a outra persoa. Encantaranos saber que beneficios preparas para a túa clase. Cóntanolo! #TatumEdelvives #lecturagamificada

Como funcionan os vales de privilexio Ta-tum? Podes entregar un vale de privilexio cando os teus alumnos conseguen todas as medallas dun caso, cando chegan a un determinado número de puntos, cando terminan de ler un libro… Tamén podes empregalos como elementos de motivación con aqueles aos que máis lles custa ler ou realizar as actividades. Cando o alumno ou a alumna quere desfrutar dese privilexio, gástao, é decir, devólveche o vale, que pasa a estar dispoñible para o resto da clase.

Animámoste a que utilices este recurso con flexibilidade e valorando a importancia de que sexan un estímulo e un recoñecemento para todos e todas, en función das súas necesidades e das súas circunstancias particulares.

n02_vale_privilegio_03_TAM

Onde podo descargalos? Atoparás este recurso no botón Imprimibles de cada unha das túas clases.

Lembra: se non ves os novos recursos imprimibles é posible que necesites borrar o teu caché.