Página principal GAL

Top 5 de funcionalidades de Ta-tum que quizais non coñezas

16-02-2024

Cres que estás aproveitando todos os recursos que ofrece Ta-tum? Aquí vai o noso top cinco de funcionalidades que fan desta plataforma un lugar práctico e motivador tanto para o teu alumnado como para ti.

1. Crea a túa propia clase

Á hora de organizar o teu alumnado para comezar a traballar é importante que teñas en conta que poderás crear as túas propias clases, tantas como queiras, algo que che permitirá traballar incluso por recunchos.
Lembrámosche como podes facelo: na esquina inferior dereita da túa páxina principal encontrarás o botón «Crear clase»; aí poderás poñerlle nome, elixir o nivel educativo que corresponda, personalizar a foto da clase e engadir os detectives.

2. Crea e asigna as túas propias medallas

A adquisición de medallas e recompensas, conforme os estudantes van avanzando na resolución do caso do libro que están traballando, é, sen dúbida, un elemento moi motivador para eles.
Se queres, podes aumentar o número na pestana «Búscase». Unha vez que actives a edición na esquina superior dereita, tan só terás que ir á sección de medallas, aí poderás engadir e personalizar a puntuación, engadir unha descrición e elixir a que máis che guste.
Para asignala, abre aquela pescuda á que desexes asociala e publicala.

SECCIÓN IMPIMIBLES

3. Sección de imprimibles: motiva o teu alumnado

Outro grande elemento motivador dentro de Ta-tum é a sección de «Imprimibles»: aportan recoñecemento despois de acabar un caso e estimulación á hora de traballar os seguintes.

SECCIÓN IMPIMIBLES

4. Vídeos de presentación e final

Sabes que desde a túa Clase podes acceder aos nosos vídeos de presentación e final? O obxectivo destes é somerxer o teu alumnado no mundo detectivesco e contextualizar todos os casos que desexes traballar na clase.

Actualmente dispoñemos de catro episodios:

1. «El misterio del cometa», onde os personaxes e os obxectos dos libros cobraron vida e escaparon a causa dun estraño fenómeno producido polo cometa Halley.

2. En «La maldición de Nut» un antigo sarcófago contiña pergamiños que non debían ser lidos…

3. «¡Atención, virus!». Un virus está atacando os libros!

4. «¡Japón helado!». Así quedou, cuberto de neve, desde que alguén roubou o libro máis antigo da historia.

Por defecto aparece o Episodio 1. Poderás seleccionar outro diferente, pulsando nos tres puntos que encontras a continuación do título, e reproducilo no botón de «Presentación».

Vídeo

5. Solicita o caso do teu libro favorito

Podes solicitar un caso na plataforma. Desde a Biblioteca de libros, ao seleccionar un que desexes traballar na túa Clase e aínda non teña caso desenvolvido, encontrarás varias opcións, unha delas é «Solicitar caso».
A plataforma notificaránolo, escribiranse os máis votados e publicaranse na Biblioteca de casos.

Solicitar caso