
Xa se pode imprimir a sección Búscase
Como sabes, a sección Búscase serve para introducir cada caso. Con ela podes ambientar a investigación dos detectives e animalos a resolver as pescudas a través da lectura do libro.
Comézase coa lectura dunha noticia, dunha entrevista, ou de calquera outro texto xornalístico onde se dan a coñecer feitos estraños e se solicita a colaboración de toda a clase para que resolvan o caso.
Agora podes imprimir este texto facendo clic na icona da impresora (Imprimir) para converter a túa aula nunha verdadeira oficina de detectives.
Coma sempre, podes modificar este contido facendo clic na icona do lapis (Editar). Isto permíteche adaptar a información dispoñible ou ampliala.
Tamén podes ir máis alá: crear os teus propios casos e asignalos a unha clase. Se combinas a posibilidade de crear o teu propio texto xunto coa de imprimir, poderás preparar co teu equipo de detectives unha noticia personalizada onde eles mesmos sexan os protagonistas. Ademais, poderás empregar o modelo para lembrar e practicar as partes dunha noticia e a súa función comunicativa.
Imprime as noticias e cólgaas no taboleiro de anuncios da túa aula. Así, a clase convértese nunha oficina de detectives durante a lectura con Ta-tum.