Filtra os casos para reutilizar as pescudas

13-12-2023

Unha parte clave dos procesos de aprendizaxe é a cooperación. A través dela podemos facer que estes procesos sexan moito máis efectivos no alumnado.

Xa coñeces a opción de seleccionar os exercicios creados por outros docentes ou por ti mesmo noutros casos de Ta-tum. Queremos facilitarche a túa tarefa para que sexa moito máis accesible. Agora podes filtrar por casos as pescudas que desexas reutilizar, modificar ou aquelas nas que queres inspirarte para completar as actividades dun libro.

 

Para iso, selecciona a opción de «Test» que aparece á esquerda de cada caso. Abrirase unha nova ventá. Preme en «Selecciona entre os teus casos xa creados».

selecciona casos

Aí móstranse aqueles casos que engadiches á túa biblioteca, deberás seleccionar aquel do que desexas tomar algunha pescuda e premer no botón de «Continuar». Aparecerán todas as pescudas do caso seleccionado e xa só terás que engadilas ao teu caso e confirmar a mesma acción.

GAL

Desde Ta-tum desexamos garantir que todos os estudantes teñan a oportunidade de gozar dunha experiencia lectora enriquecedora. Tamén que os docentes poidades desenvolver a vosa actividade da maneira máis eficaz. Aproveita esta nova ferramenta!