n05_la_salle_01

Recomendacións do colexio La Salle Felipe Benito para detectives recentemente iniciados

02-06-2021

Un bo enigma é o corazón de todo misterio e, co seu latexo, non só nos esperta a curiosidade, senón que nos incita a pensar nas máis variadas e extraordinarias hipóteses. Como non divertirse fronte ao reto? Ta-tum convértenos en detectives literarios. Irresistible, verdade? A cuestión, nada elemental, é saber como comezar.

José María Valpuesta, docente de 1.º da ESO do Colexio La Salle Felipe Benito (Sevilla), desvélanos algúns segredos que transformaron a súa aula e tamén o seu alumnado. Despois de traballar durante meses coa plataforma, máis do 70% considera que aumentaron moito as súas ganas de ler e case o 90% considéraa como un recurso axeitado para mellorar a lectura. Rapazas e rapaces foron testemuñas en primeira persoa de como mellorou a súa atención, razoamento, velocidade e comprensión, todas habilidades fundamentais na competencia lectora. 

As testemuñas dos estudantes revelaron algo máis alá do curricular. “Que aprendestes?”, preguntóuselles. Estas foron as súas respostas: “a lembrar o lido”, “a fixarme nos detalles”, “a que se non te rendes, ao mellor non podes facer o que querías, pero poden cambiar un pouco as cousas se o intentas sen parar”. Aínda mellor: “aprendín que ler é divertido” e “a interesarme pola lectura”, “unha das cousas máis importantes para min é que me axudou a ler máis”. Non é fantástico? Queres saber como o conseguiron? Corre a buscar un caderno e apunta algunhas claves para resolver “O incrible caso de como motivar adolescentes coa lectura”.

n05_la_salle_02

Manual de uso para detectives recentemente iniciados, por José María Valpuesta:

1. Customiza a túa aula cos materiais imprimibles de Ta-tum e convértea nunha auténtica escola de detectives. Podes complementalo con outros recursos que traiades da casa ou de creación propia. Comeza a aventura!

2. Métete no teu papel. Antes de comezar a traballar no primeiro caso pensade xuntos: como son os detectives?, cales son as características que os definen? Anímaos a converterse en detectives: que traian da casa disfraces, accesorios… Imaxinación ao poder!

3. Prepara unha pequena celebración para darlles a benvida. Podes facer unha cerimonia de entrega do carné de detective literario. 

4. Escribide as normas da vosa escola de detectives e elixide, entre todos, o primeiro caso por consenso. É importante que se sintan parte activa desde o principio. 

n05_la_salle_03

5. Proxecta a sección Búscase do caso, así poderedes visualizar o vídeo de motivación e elaborar as vosas primeiras hipóteses. Aproveitar para dialogar cos teus alumnos e descubrir que lles chama a atención, cales son os seus intereses e preferencias…

6. Comezade a lectura do libro elixido!

7. Como investigador xefe, publica as pescudas no muro do caso. O teu alumnado terá que resolvelas para obter puntos e medallas, e así converterse nos mellores detectives.

8. Se queres incentivar o grupo, proxecta os resultados para que vexan a clasificación e anímaos a que escriban comentarios no muro da plataforma. 

9. Para manter a motivación da clase, non esquezas utilizar os vales de privilexio. Seguro que gozan das súas recompensas! 

10. Ao terminar o caso entrégalles os diplomas correspondentes.

n05_la_salle_04

Para concluír, José María cóntanos: “O que máis me gusta de utilizar a plataforma Ta-tum é que a lectura se realiza de maneira divertida e autónoma. Incluso, invitamos a que as familias poidan participar nalgunha sesión para coñecer a metodoloxía”. 

Animámoste a que vos mergulledes nesta plataforma de lectura gamificada.