n04_japon_01_GA_v2

Descubre o final de "Xapón xeado"!

10-05-2021

Achégase o final do curso. Leron moito os teus alumnos e alumnas? Por favor, dinos que puideron rescatar os personaxes dos libros como lles pediran os detectives no inicio do episodio Xapón xeado!

No capítulo final, que xa está dispoñible, poderedes pescudar como regresaron os personaxes aos libros grazas a Áxel, Zinca, Aristide, Helena, Oto e Ciro, e, por suposto, á axuda dos lectores. Descubriredes tamén por que a Terra se estaba conxelando e coñeceredes A historia de Genji. Ademais, ao final do vídeo, Áxel dános un consello para ser bos investigadores, en que consistirá a súa recomendación?

Please accept statistics, marketing cookies to watch this video.

Os episodios Ta-tum son historias formadas por un capítulo inicial e un capítulo final. Dispós de catro diferentes: O misterio do Cometa, A maldición de Nut, Atención, virus! e Xapón xeado!

Este recurso está indicado para os docentes que queren gamificar a lectura na aula. O capítulo de apertura, que se pode visualizar ao inicio do curso, permite poñer en situación aos lectores. Nel cóntase que suceso estraño fixo desaparecer os personaxes dos libros. 

Entón, cada libro convértese nun caso que os teus alumnos terán que resolver coa súa lectura, superando probas e actividades. Aí comeza a misión dos estudantes, xa que os detectives da Escola Avante solicitarán a súa colaboración. O vídeo inicial axuda, así, a motivar os lectores e involúcraos nos casos que deben resolver. 

No capítulo de peche, pensado para o final de curso, os alumnos descobren como os detectives da Escola Avante, coa axuda dos lectores, resolveron o caso, a que é interesante?

No episodio Xapón xeado! o ladrón Indocto volveu aparecer. Nesta ocasión, roubou a novela máis antiga da historia: A historia de Genji. A raíz deste roubo, e sen comprender por que, a Terra enteira foise conxelando, á vez que os personaxes dos libros foron desaparecendo. Os detectives da Escola Avante pediron axuda aos lectores, necesítanos para vencer o malvado Indocto. Fai clic aquí para ver este episodio e lembrar todos os detalles.

Please accept statistics, marketing cookies to watch this video.

Elixe unha das catro historias. Podes utilizar unha diferente en cada unha das túas clases ou a mesma para todas, como prefiras. Recomendámosche que utilices un episodio distinto cada curso escolar para que o teu alumnado descubra cada ano unha historia diferente.

Recordámosche que ti e os teus alumnos podedes visualizar estes episodios no botón Presentación da clase. Como docente, podes configurar que vídeo se reproduce ao facer clic no botón Presentación de cada clase. Desta forma, os teus alumnos poderán ver o vídeo sempre que queiran.

n04_japon_02_GA

Para cambiar de episodio, fai clic nos tres puntos para despregar o menú e utiliza as frechas laterais para desprazarte. Despois, selecciona o vídeo de presentación ou final da historia elixida e garda os cambios. 

Anímate a utilizar este recurso e sácalle o máximo partido a Ta-tum!

n04_japon_03_GA