Engade os teus propios arquivos a Ta-tum

13-12-2023

Para os docentes, aprender e ensinar son un asunto persoal. Agora, podes aportar o teu toque e facer da aprendizaxe unha actividade máis completa, didáctica e personalizada para o alumnado.

Coa nova ferramenta que che traemos poderás achegar o arquivo local que desexes para complementar dunha maneira máis eficaz as actividades e os procesos de aprendizaxe da túa clase.

En Ta-tum podes utilizar os distintos tipos de exercicios, un deles é o que podemos identificar como Tarefa, no que o alumnado pode desenvolver a súa competencia escritora. Desde este momento tamén poderás achegar os teus propios arquivos.

Para iso, deberás premer a opción de «Tarefas» que aparece á esquerda de cada caso, que abrirá unha ventá. No lateral inferior esquerdo encontrarás a opción «Anexar desde Google Drive» ou «Anexar desde o dispositivo». Elixe a opción que desexes e goza desta nova función.

adjunta archivo

Aparecerá do seguinte xeito e poderás publicalo como fixeches sempre.

adjunta archivo02

Desde Ta-tum queremos asegurar que tanto estudantes como docentes gocedes a través da lectura, por iso animámoste a que descubras esta ferramenta e aproveites a súa funcionalidade.