
Celebra a festa máis terrorífica do ano con Ta-tum: top 4 de libros para o Samaín e o Halloween
Atréveste cunha inquietante proposta de lecturas arrepiantes? O Samaín e o Halloween achéganse e é o momento perfecto para mergullarse en historias cheas de misterio, fantasmas e aventuras sobrenaturais. Seleccionamos catro títulos que han facer que o corazón dos teus estudantes latexe máis rápido e esperte a súa imaxinación nas festas máis terroríficas do ano. Prepárate para descubrir o noso top 4 de lecturas imprescindibles para o Samaín e o Halloween!
¡Que vienen los fantasmas!

Texto: David Fernández Sifres
Ilustración: Ximena Maier
Colección: Ala Delta – Serie Azul
Idade recomendada: De 8 a 10 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!
Unha divertida e misteriosa historia protagonizada por Pancho, Teban e Joseque, tres amigos que deben enfrontarse a estrañas aparicións na súa vila. Con moito humor e valentía, aprenderán que, ás veces, as cousas non son o que parecen.
Monstruario

Texto: Iñaki R. Díaz
Ilustración: David Guirao
Colección: Ala Delta – Serie Azul
Idade recomendada: De 8 a 10 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!
Este título invítavos a descubrir un catálogo ilustrado de criaturas fantásticas e monstros sorprendentes, cheo de descricións enxeñosas e datos curiosos. Cada páxina é unha porta a un mundo máxico onde a imaxinación e o humor se mesturan para darlles vida a seres únicos e fascinantes.
El agujero de Walpurgis

Texto: Ronaldo Menéndez
Colección: Alandar
Idade recomendada: De 12 a 14 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!
A través desta novela coñeceredes a historia dun misterioso burato que aparece no chan da vila de Walpurgis, desatando sucesos estraños e aterrecedores. Os protagonistas deberán descubrir que se agocha no seu interior antes de que sexa demasiado tarde.
Prisioneros de lo invisible

Texto: Rosa Huertas
Colección: Alandar
Idade recomendada: De 12 a 14 anos
Caso en Ta-tum: xa dispoñible!
Descubre unha intrigante historia na que un grupo de amigos se ve atrapado por forzas misteriosas que non poden ver nin explicar. Xuntos deberán desentrañar a orixe destes fenómenos para poderen liberarse e descubrir a verdade oculta.
