Nuevos_titulos_01_TAM

Mima, Robot e o Libro máxico e as últimas incorporacións en lingua galega

08-04-2021

Como nos din algúns profesores que usan Ta-tum cada libro é unha aventura, un reto, un xogo cheo de emoción. Bota unha ollada aos últimos títulos en galego que incorporamos á biblioteca para ler cos teus investigadores: A ovella á o que o lobo lle comeu a sombra, Mima, Robot e o Libro máxico e O derradeiro conto de As mil e unha noites.

En Ta-tum xa temos máis de 500 títulos. Agora incorporamos tres lecturas máis en galego. Entra na Biblioteca de casos e coñece as actividades que preparamos para cada un. 

Lecturas para todas as idades, desde Infantil a Secundaria, que promoven todo tipo de valores para que o teu alumnado reflexione, aprenda e se divirta cunha gran colección de títulos cos autores máis prestixiosos do panorama actual.

Nuevos_titulos_02_Ta

A ovella á o que o lobo lle comeu a sombra. A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa. Aínda que a tarefa é laboriosa, por sorte sempre hai un traxe á medida de cada un.

Mima, Robot e o Libro máxico. Mima vive con Robot nunha cabana da ribeira do río. A súa vida é moi tranquila ata que chega o día do seu noveno aniversario. Á mañá seguinte emprenderá unha viaxe en barco, río arriba, con Robot, o tío Onofrio e Boliña, o seu can. Na súa equipaxe leva algo moi especial: un libro máxico que lle regalaron! Empeza a aventura! O mundo é máis grande e diverso do que pensaba e agardan por ela moitas sorpresas.

O derradeiro conto de As mil e unha noites. Rebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda. Os protagonistas veranse involucrados nunha historia de lobishomes, desamor e contos do pasado que nunca quedaron pechados.

En definitiva, tres apaixonantes historias que che gustará ler na clase!