
O carné de detective: un identificador para investigadores literarios
Ti e os teus alumnos fostes elixidos para colaborar coa prestixiosa e exclusiva Escola Avante. Lémbralle ao teu alumnado que se identifiquen co seu Carné de detective.
Podes imprimir este recurso no botón Imprimibles de cada unha das túas clases.
Anímaos a que sexan orixinais co nome que van elixir. Podes suxerirlles: que o nome e o apelido rimen (Anacleta Bicicleta), que os nomes sexan de personaxes literarios (Balbino), que o nome forme un xogo de palabras (Aitor Menta)…
Ademais, os avatares poden debuxalos ou crealos utilizando algunha aplicación. Poderían ser realistas e parecerse a eles, ou ser completamente inventados.
Queremos coñecer a túa experiencia! Cóntanola nas redes sociais co hashtag #EdelvivesTatum
Por favor, non compartas datos persoais do teu alumnado en Internet.