Novas sesións en vivo!

16-02-2024

Nace un espazo en Ta-tum para proporcionarlle á nosa comunidade máis formación e cooperación entre docentes. Creamos unha sección nova onde poderás asistir a sesións co fin de nutrirte de recursos ou responder a necesidades e dúbidas que poderás formularnos durante as mesmas.

A primeira sesión formativa celebrarase o mércores 6 de marzo ás 18:00 e terá unha duración de 30 minutos. Consta de dúas partes: Como crear un caso? e Como crear os diferentes tipos de pescudas? Para iso realizaremos un percorrido pola plataforma, engadiremos un caso particular, así como as nosas propias pescudas, tanto de resposta aberta como de formato autocorrixible (de opción múltiple con e sen imaxes, de verdadeiro ou falso, con menú despregable, para encher, para ordenar, etc.).

PREGUNTAS

Para asistir, podes inscribirte na seguinte ligazón.

 

 

Aproveita ao máximo a túa experiencia en Ta-tum con esta nova sección. Agardámoste!