Xa podes escoitar os nosos libros en inglés!

07-12-2022

A aprendizaxe dun idioma componse de catro destrezas igualmente importantes: ler, escribir, falar e escoitar. Os libros, normalmente,  ofrécennos por si sós un gran reforzo na lectura, pero non é fantástico que tamén nos permitan practicar a escoita?

Falemos un pouco das vantaxes que nos ofrece esta dobre opción: utilizar durante a lectura un apoio auditivo incrementa a comprensión lectora, enriquecendo a forma na que as novas estruturas gramaticais e vocabulario se almacenan na nosa memoria. Ademais de mellorar a pronuncia, a fluidez e a entoación na produción oral, a audición das historias aumenta a capacidade de atención e concentración, e axuda a conectar máis profundamente coa lectura, estimulando a imaxinación.

 

Utiliza as locucións para dinamizar a lectura e axudar aos teus estudantes a mellorar tanto listening comprehension como pronunciation, propoñendo, por exemplo, a discriminación auditiva de palabras dentro da locución que, acompañando o texto, darán un empurrón á aprendizaxe significativa desta lingua.

E isto é só un exemplo, quizais tamén poderiades gozar de momentos de storytelling na clase de inglés nos que, nun ambiente distendido e de comunicación multidireccional, lances preguntas sobre o que escoitaron, potenciando as posibilidades do traballo oral da narración. Non cres que é unha boa forma de acadar unha competencia real nunha segunda lingua?

Goza xa das locucións integradas nas lecturas de inglés e sácalle o máximo partido á biblioteca de Ta-tum. Aínda non coñeces os nosos english readers? Presentámoschos!

 

Avante School of Detectives

 

Unha colección recomendada para lectores de 10 anos en diante, composta por tres títulos fantásticos que espertarán as habilidades dos teus detectives. Esta triloxía, dispoñible tamén en castelán, narra as aventuras do Grupo Nautilus, integrado polos mellores e máis intrépidos detectives de todos os tempos… Non a perdades!

– The strange case of Billinghurst Castle
– The inexplicable appearances on Nolan Island
– The Ghostly Happenings at Farrell Mansion

recurso_separadorestrella_tatum

Eyes of Midnight

 

Unha triloxía dirixida ao público xuvenil e indicada para que os lectores de nivel B1 gocen con estas aventuras cheas de fantasía, suspense e historias épicas sobre crecemento persoal. Nela encontrarás:

– The Ones with No Shadows: onde coñecerán a Crey, protagonista das historias, quen terá que loitar contra a ameaza de orixe máxica que pende sobre o val.
– The Land of Giants: na que Crey, acompañado de seres lendarios, terá que enfrontarse ao uso de obxectos máxicos e perigosos.
– The Bloodline of the Orcans: unha volta á casa perigosa e algo amarga para o protagonista.

recurso_separadorestrella_tatum

Classic Tales

Esta colección ofrécenos relatos dos grandes autores da literatura anglófona adaptados aos niveis de inglés B1 – PET ou B2 – FCE e con temáticas variadas para os gustos de todos os nosos estudantes.

Unha oportunidade para leren na súa lingua e entenderen en toda a súa dimensión a obra de autores inesquecibles.

– Oscar Wilde
– Edith Nesbit
– L. Frank Baum
– Louisa May Alcott
– Howard Pyle
– Joseph Jacobs

 

– Mark Twain
– Arthur Conan Doyle
– Oscar Wilde
– Jack London
– Edgar Allan Poe
– Rudyard Kipling

 

Como ves, temos títulos para todos os gustos, acompañados de narracións incribles que farán voar a vosa imaxinación. Ademais, cada un destes libros conta con actividades de comprensión que poderás atopar na Biblioteca de casos de Ta-tum.

Anímate a utilizar os textos e as narracións co teu alumnado e garante unha aprendizaxe significativa do segundo idioma.