Xa están aquí as aventuras de Miranda y Tato!

11-04-2023

Extra, extra! Unha nova colección súmase á Biblioteca Ta-tum! Seis interesantísimos libros cos que os lectores de 10 anos ou máis gozarán das aventuras dos irmáns Miranda y Tato, e ao mesmo tempo aprenderán que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). 

Están escritos a seis mans por Itziar Miranda, Jorge Miranda e Nacho Rubio. E Ángeles Ruiz súmase para ilustralos. Podes coñecer máis detalles nas entrevistas cos seus escritores e a súa ilustradora!

Itziar e Jorge son irmáns e creadores tamén da colección Miranda. Tamén está dispoñible na Biblioteca Ta-tum. Os seus 14 títulos unen o presente dunha curiosa nena de oito anos coa biografía de grandes mulleres da ciencia, a arte e a cultura como Jane Goodall, Frida Kahlo, Billie Holiday ou Emily Brontë.

Nestas novas lecturas, totalmente independentes, Miranda tamén é a protagonista, pero medrou un pouco, e ten ao seu irmán Tato como infatigable compañeiro. Os dous xuntos van descubrindo inxustizas e tratando de facer do mundo un lugar mellor. 

Ademais de moi entretidas, estas novelas poden ser un recurso ameno para abordar na clase os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Os seus protagonistas, sen dárense conta, van loitar por que se cumpran algúns dos 17 ODS da Axenda 2030 estipulados pola ONU. Isto invita aos estudantes a reflexionar sobre a realidade que os rodea e a colaborar para conseguir eses obxectivos.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que aborda cada libro son:

Chaval, ¿qué haces con mi camiseta? fala da fin da pobreza (ODS 1), a fame cero (ODS 2) e a redución das desigualdades (ODS 10). 

Si queréis ayudarme, leave me alone! aborda a educación de calidade (ODS 4), a igualdade de xénero (ODS 5), o traballo decente e o crecemento económico (ODS 8).

Pa mí que va a nevar, bros trata a enerxía accesible e non contaminante (ODS 7), a industria, innovación e infraestrutura (ODS 9) e as cidades e comunidades sostibles (ODS 11).

¡No pienso ir a un matasanos! preséntalles aos lectores dous ODS: a saúde e o benestar (ODS 3) e a auga limpa e saneamento (ODS 6).

Campeona mundial de dar la turra fálalles aos estudantes da importancia da acción polo clima (ODS 13), a vida submarina (ODS 14) e a vida dos ecosistemas terrestres (ODS 15).

The Ultimate segundo inclúe na trama os ODS dos obxectivos de paz, xustiza e institucións sólidas (ODS 16) e as alianzas para lograr os obxectivos (ODS 17).

Os seis libros permiten tamén traballar na clase diferentes estilos narrativos. Comezan cun diálogo teatral entre Miranda e Tato, cada capítulo está narrado por un deles a modo de monólogo, inclúe un capítulo máis en formato cómic e un glosario de termos relacionados cos conceptos que se abordan. 

Ademais, cada aventura axuda a coñecer o contexto actual. Todas inclúen un prólogo de Federico Buyolo, que foi director xeral da oficina Alto Comisionado para a Axenda 2030 e actualmente é director adxunto no Ministerio de Educación e Formación Profesional, e unha entrevista final cunha personalidade referente no ámbito dos ODS que se abordan. Así, os lectores mozos coñecerán a través destas entrevistas ao padre Ángel, fundador e presidente da ONG Mensaxeiros da Paz; a Marta Cañas, a directora xeral de Médicos Sen Fronteiras; ou a Eva Saldaña, a directora de Greenpeace España.

Anímate a ler esta fascinante colección co teu alumnado! Estaremos moi atentos ao botón «Votar» para saber se che interesaría contar cun caso sobre algún destes títulos. Un futuro mellor e a Axenda 2030 espéranvos!