empieza ta-tum

Primeiros pasos con Ta-tum

31-07-2023

Agora que xa te familiarizaches un pouco con esta potente ferramenta, xurdiranche novas dúbidas: Que podo facer nas primeiras sesións? Como elixo as lecturas?

Invitámoste a coñecer a experiencia de Sergio Sánchez García neste webinar, seguro que te inspira!

Sergio Sanchez

 

Relator: Sergio Sánchez García, mestre de Primaria, Google trainer e educador certificado Google nivel 1 e 2

Idioma: castelán

Duración: 45 min

 

 

 

Queremos axudarte no inicio do curso. Por iso, neste webinar, o noso relator farache algunhas recomendacións ou propostas para as primeiras sesións, desde a súa experiencia como usuario. Por exemplo: como podes presentar a plataforma ao teu alumnado dunha maneira divertida, de modo que sexa atractiva e á vez entenda o seu funcionamento. Como profesor, Sergio sabe que as boas ideas hai que compartilas!

Tamén che mostrará como crear un caso por primeira vez, desde a elección do libro que sexa máis adecuado ata o lanzamento do misterio ao teu alumnado, así como os pasos que hai que seguir para publicar as primeiras actividades ou «pescudas» que estes peculiares detectives terán que resolver. Indicarache como revisar o traballo da túa clase, para poder devolver feedback ao alumnado e xestionar as súas cualificacións, que poderás exportar para manexar comodamente.

Como sabemos que tes un horario apertado, planificamos diferentes datas para que non o perdas. Para inscribirte, preme na que prefiras. Recibirás un correo coa ligazón de acceso ao webinar. Non o penses máis e apúntate!

 
Ver vídeo
 

Poderás asistir ao webinar desde calquera dispositivo e lugar, escoitar o noso relator en directo e preguntar dúbidas. Ademais, cando termine a sesión poderás acceder á súa gravación e vela tantas veces como queiras.