Le xa en Ta-tum a triloxía Ojos de Medianoche

22-04-2022

Gianni Rodari dicía que unha biblioteca grande é mellor que unha pequena. Por iso en Ta-tum sumamos un novo estante especialmente pensado para o público xuvenil, cheo de fantasía e aventuras.

Empecemos polo principio: Ojos de Medianoche (Eyes of Midnight) é unha apaixonante triloxía de grande éxito entre os adolescentes, que pode lerse tanto en inglés (nivel B1) como en castelán. Ten todo o que se pode desexar: acción, suspense, unha historia épica e peripecias que levan ao crecemento persoal dos seus personaxes.

 

Los seres sin sombra (The Ones with no Shadows)

Tras quedar orfo pola peste que está decimando a poboación, Crey debe ir vivir ao val do Nalcar co seu tío, un antigo cabaleiro do rei reconvertido en artesán do vidro. Aínda non pode sospeitar que o destino lle depara unha misión moi especial. Mentres, unha poderosa e nova ameaza de orixe máxica plana sobre o val.

recurso_separadorestrella_tatum

El país de los gigantes (The Land of Giants) 

Un encontro fortuíto pon nas mans de Crey un obxecto máxico, pero moi perigoso. Agora terá que viaxar en compañía dun ser de lenda mentres unha ameaza escura segue os seus pasos. Ata onde estará disposto a chegar en nome da lealdade?

recurso_separadorestrella_tatum

El linaje de los Orcans (The Bloodline of the Orcans)

Crey recibe unha noticia inesperada; chegou o momento de volver á casa. Pero o seu regreso é amargo, pois coincide coa voda de Selima, a filla do Señor do Val. Ademais, descobre que está no centro dunha conspiración e a súa vida corre perigo.

recurso_separadorestrella_tatum

Esta triloxía en castelán non dispón de casos asociados a cada libro na plataforma, o que vos outorga unha inmensa liberdade aos docentes para adaptar a lectura ás vosas necesidades. Porque todo é posible: ler cada día un fragmento en voz alta, crear actividades específicas ou recomendar as novelas como lectura para o tempo libre. 

Se consideras interesante realizar actividades sobre cada lectura, sempre podes crear os teus propios casos sobre a triloxía. Neste artigo explicámosche como facelo. Ademais, pronto habilitaremos na biblioteca de Ta-tum unha opción de «Solicitar caso» para aqueles libros que non contan cunha proposta didáctica. Simplemente, fai clic no botón para enviarnos a túa petición, e terémola en conta á hora de incorporar novos casos. 

Lembra que tamén podes atopar os dous pimeiros títulos en inglés, Eyes of Midnight, cuxos casos si están dispoñibles en Ta-tum para que poidas retar os teus estudantes con diferentes actividades. En setembro de 2022 incorporarase o terceiro título á biblioteca para que poidas gozar da triloxía completa en inglés.

O creador destas fantásticas historias é Daniel Hernández Chambers, recoñecido escritor e unha das voces máis prominentes da literatura infantil e xuvenil actual. Gañador de prestixiosos premios como Everest 2012, Ala Delta 2016 e Alandar 2017. 

Antonio Lorente ilustra maxistralmente esta colección e dálle forma ao universo ideado por Chambers. Cunha liña solta e expresiva, trasládanos a ese mundo de fantasía e épica.