Webinar primaria

Seminario web: Ta-tum nos primeiros cursos de Educación Primaria

22-09-2021

Como abordar o traballo con nenas e nenos que aínda non len con fluidez? Elisa Beltrán García leva xa varios anos utilizando Ta-tum nas súas clases de 1.º e 2.º de Primaria, e están todos encantados! 

Neste webinar desvelará os seus segredos.

Ponente Elisa

 

Relatora: Elisa Beltrán García, mestra de Primaria e de Educación Especial, finalista dos premios Educa Abanca. Mellor Docente de España 2018, Insignia INTEF para o liderado en tecnoloxía educativa

Idioma: castelán

Duración: 45 min

 

 

 

Agora que xa coñeces un pouco máis Ta-tum, é o momento de aprender diferentes estratexias para implementalas nas túas clases. Nesta sesión formativa, a nosa relatora axudarache a escoller as lecturas máis axeitadas para o primeiro ciclo de Educación Primaria, baseándose na súa propia experiencia. Como xa imaxinas, non todos os libros funcionan igual de ben cando aínda se está empezando a ler.

Tamén fará recomendacións de diferentes actividades para realizar na clase para que motives os teus estudantes mentres eles gañan fluidez na lectura, aprenden, se divirten… xestionando o teu tempo da mellor forma posible.

Para finalizar, Elisa revelará todos os trucos que ela pon en práctica co seu alumnado, para que a túa única preocupación sexa gozar de dar clase e que os teus alumnos e alumnas se divirtan lendo. Ademais, poderás enviar preguntas á nosa relatora durante o seminario.

Como queremos adaptarnos a ti, planificamos dúas convocatorias diferentes. Para inscribirte, fai clic na data que prefiras. Recibirás un e-mail de confirmación cunha ligazón para entrar.

Luns, 18 de outubro, 18:00 h

 

Luns, 8 de novembro, 18:00 h

 

Poderás asistir ao webinar desde calquera lugar e a través de calquera dispositivo para escoitar en directo a nosa relatora. Unha vez finalizada a sesión, recibirás por correo electrónico o acceso á gravación, para volver vela tantas veces como queiras.