
Vaiche encantar a nova biblioteca!
Descubre a nova biblioteca de Ta-tum; incorporamos as últimas tendencias en deseño web e os enfoques do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) para mellorar a aparencia e a accesibilidade do noso catálogo de libros dixitais. Ademais, simplificamos a navegación e melloramos a estrutura da información, para que ti e os teus estudantes encontredes facilmente todos os recursos dispoñibles… Bótalle un ollo!
Entra en Ta-tum coas túas credenciais de acceso, desprega o menú principal (arriba á esquerda) e selecciona a opción «Libros». A biblioteca abrirase nunha nova pestana.
Tachán! Dámosche a benvida á nova biblioteca de Ta-tum.
Aquí podes ver os últimos libros que incorporamos á nosa plataforma, así estarás sempre ao día das novidades. Se o prefires, podes ordenalos alfabeticamente, do A ao Z ou á inversa, ou polo seu número de lecturas, onde verás os máis lidos na parte superior da pantalla. Se necesitas buscar un título específico, utiliza o cadro de busca situado na parte superior dereita da pantalla.
Deseñamos un menú despregable para os filtros, o que evita calquera interrupción mentres consultas as opcións de lectura. Activar os filtros é tan doado como facer clic no botón «Filtrar» seleccionar as categorías desexadas (idioma, idade recomendada, xénero literario, temática, etc.) e «Aplicar filtros». Se precisas reiniciar a busca, activa «Limpar filtros» e eliminaranse todas as etiquetas que seleccionaches. É moi cómodo, verdade?
Lembra que co filtro «Recursos» podes encontrar libros con pictogramas, locutados e con actividades, é dicir, aqueles que contan cun caso na Biblioteca de casos.
Para coñecer os detalles sobre un libro, fai clic na súa cuberta. Despregarase unha ficha con información sobre o idioma, o título, a autoría do texto e a ilustración, e a sinopse. Nesta ficha aparecen dous ou tres botóns:
Ler: para abrir o libro (nunha nova pestana).
Engadir á miña clase: para engadir esta lectura á pestana «Os libros» dunha ou varias clases.
Solicitar caso: esta opción unicamente aparece naqueles libros que non contan cun caso na plataforma. Este botón permíteche solicitar a creación dun. A medida que recibimos solicitudes, imos elaborando novos casos en Ta-tum.
Para unha experiencia máis eficiente e personalizada, implementamos un sistema de pestanas que facilita o acceso a diferentes categorías de libros:
Catálogo: calquera usuario de Ta-tum, docente ou estudante, pode explorar todos os libros dispoñibles na nosa plataforma.
Libros da clase aqueles que os docentes engadiron a calquera dos seus grupos. Isto permite xestionar de maneira efectiva os recursos asignados a cada clase e facilítalle ao alumnado o acceso ás lecturas recomendadas.
Os meus libros, os títulos que o usuario consultou ou está lendo, de maneira que poida continuar a súa lectura facilmente. Para retirar un libro da lista persoal de lectura, hai que seleccionar a opción «Quitar dos Meus libros» que aparece no menú despregable.
A que está ben?
Invitámoste a explorar a nova biblioteca de Ta-tum e a aproveitar ao máximo esta valiosa ferramenta educativa. Esperamos que che guste!