
‘Read and listen’
A partir de agora, en Ta-tum non só se le, tamén se escoita! Os audios chegaron á nosa plataforma e veñen para quedar. Are you ready? Xa podes escoitar as túas lecturas favoritas en inglés.
Cando aprendemos un idioma, é necesario ler e escribir, pero tamén escoitar. Por iso, incorporamos á plataforma as locucións dunha selección dos nosos English Readers.
Tes á túa disposición as narracións íntegras dos títulos da colección Classic tales, onde atoparás algúns relatos dos grandes autores da literatura anglófona, adaptados aos niveis de inglés B1 – PET ou B2 – FCE:
- Edith Nesbit (Nivel B1 – PET)
- Oscar Wilde (Nivel B1 – PET)
- L. Frank Baum (Nivel B1 – PET)
- Howard Pyle (Nivel B1 – PET)
- Arthur Conan Doyle (Nivel B2 – FCE)
- Edgar Allan Poe (Nivel B2 – FCE)
Tamén podes disfrutar das locucións dos dous primeiros títulos da colección Avante School of Detectives, The strange case of Billinghurst Castle e The inexplicable appearances on Nolan Island, que narran as aventuras do grupo Nautilus, integrado polos mellores e máis intrépidos detectives de todos os tempos.
Coñece todos os segredos desta colección e dos seus protagonistas no artigo deste blog: Que é a Escola Avante?
Utiliza as locucións para dinamizar a lectura destes libros en inglés, expoñer actividades a partir deste recurso, etc. Desde Poe a Wilde, as obras de todos estes escritores axudarán o teu alumnado a mellorar tanto listening comprehension como pronunciation. Que che parecería traballar, por exemplo, a fonética do inglés da man de Arthur Conan Doyle? Podes propoñerlle ao teu alumnado a discriminación auditiva de palabras dentro da locución, que, ao acompañar o texto, dará un empurrón á aprendizaxe significativa desta lingua.
E isto é só un exemplo, quizais tamén poderiades gozar de momentos de storytelling na clase de inglés, en que, nun ambiente distendido e de comunicación multidireccional, lanzases preguntas sobre o que escoitaron, potenciando as posibilidades do traballo oral da narración. Non cres que é unha boa forma de alcanzar unha competencia real nunha segunda lingua?
Seguro que agora te estarás preguntando como acceder a este novo material. É moi sinxelo: entra na biblioteca de Ta-tum e utiliza o filtro «Recursos» para atopar os títulos con audio. Na parte dereita da pantalla verás todos os libros que teñen locucións.
Elixe un e fai clic en «Ler libro». Ao longo da lectura, atoparás dispoñibles as pistas de audio correspondentes a cada texto. Dálle ao «Play» para reproducilas.
Esperamos que estas narracións che axuden a fomentar a comprensión oral, traballar a entoación e a pronuncia, motivar o teu alumnado… Que opinas? Paréceche que estes audios son un bo recurso didáctico? Escríbenos para contarnos como o empregas!