Ta-Tum arranca ao máximo con estas formacións!

31-07-2023

Gustaríache coñecer as posibilidades de Ta-tum? Se empezas a traballar coa plataforma no curso 2022-23 ou desexas refrescar algunhas cuestións básicas sobre o seu funcionamento, este plan de formación é para ti!

Propoñémosche catro seminarios web independentes, que impartiremos en diferentes datas e horarios para que escollas os que máis che interesen. O obxectivo é ofrecerche os recursos necesarios para familiarizarte con Ta-tum, dar os teus primeiros pasos neste mundo dixital e, de camiño, pasalo moi ben!

 

Introdución a Ta-tum

Neste webinar, Ángela Hernández Domingo presentará Ta-tum, contarache como acceder á plataforma e, ademais, acompañarate nun percorrido polas opcións que ofrece o perfil do docente. Ángela é Project Manager de Ta-tum, asesora pedagóxica, profesora e educadora Certificada Google Nivel 1 e 2. 

 

Primeiros pasos con Ta-tum

Sergio Sánchez García, mestre e Google Trainer, axudarache a presentarlles a plataforma aos teus estudantes dunha maneira motivadora e a explicarlles o seu funcionamento. Ademais, suxerirache como enfocar as primeiras sesións, elixir as primeiras lecturas, etc.

 

Ta-tum nos primeiros cursos de Educación Primaria

Esta sesión aborda cuestións esenciais para utilizar Ta-tum cos lectores máis novos. Darache unha orientación sobre a selección de libros e recomendarache actividades que faciliten e melloren o proceso da lectoescritura. A relatora é Elisa Beltrán García, mestra de Primaria e de Educación Especial, finalista dos premios Educa Abanca e mellor Docente de España 2018, Insignia INTEF para o Liderado en tecnoloxía educativa.

 

Ta-tum na ESO

José María Valpuesta Ruiz, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica, psicopedagogo e logopeda, imparte desde hai varios cursos un Taller de Lectura con adolescentes. Como os motivou? Que estratexias o axudaron a crear lectores e lectoras nesta etapa tan complexa? Nesta sesión revelará os seus segredos!

recurso_separadorestrella_tatum

Todos os webinars se van realizar en directo. Tamén che enviaremos ao teu correo electrónico a gravación para que poidas ver o seminario cantas veces queiras.

Despois deste programa formativo inicial, desde Ta-tum acompañámoste durante todo o curso escolar con máis sesións formativas coa fin de que lle saques todo o partido á plataforma e coñezas outras experiencias do seu uso. 

Pon en marcha Ta-tum a golpe de clic!