O que non se ve é o máis valioso de Ta-tum

«O que non se ve é o máis valioso de Ta-tum»

22-02-2022

Asomarse á xanela do universo Ta-tum é asistir a un espectáculo de maxia en que todo se transforma e se converte en algo diferente. E, no momento en que se levanta o pano, xa non es un simple espectador; formas parte dun xogo de ilusión que te transporta a unha nova realidade.

Ta-tum é un gran truco de maxia. Todo está disposto para que a curiosidade do espectador vaia percorrendo cada unha das propostas e, nun clic, se converta no ilusionista que manexa un chapeu e unha variña para crear unha narrativa máxica.

Así, o reto materialízase nun escenario en que cada neno ou nena é o encantador dunha experiencia lectora única. Percorrer Ta-tum é ofrecer aos nosos espectadores a oportunidade de construír unha maneira de entenderse, de entender o mundo e de mirar a vida crendo que a poden modelar coas súas propias mans.

Quen coñece Ta-tum non precisa explicar as bondades dun proxecto que combina  –coidadosamente– creatividade, variedade, autonomía e aprendizaxe. Se a estes catro alicerces engadimos a estratexia dixital  –o gran truco final–, a dimensión lúdica e a proposta dunha lectura de calidade, é difícil renunciar a algo tan completo.

Ta-tum non é só unha ferramenta que facilita a intervención docente no acto lector; é tamén un estilo de aprendizaxe tan novo como sostido no tempo. Ta-tum é o noso actual prodesse et delectare de Horacio, a maior aspiración dun docente. Ensinar deleitando é o horizonte que os mestres e mestras debuxan cando entenden que o sentido da súa vida é a educación. Se ademais a túa paixón son as palabras, sabes que o máis valioso que podes transmitir aos teus espectadores é que se atrevan a subir ao escenario para entrar nesa narrativa máxica que os envolva no truco da vida.

O que non se ve é, precisamente, o máis valioso de Ta-tum.

Experiencias Ta-tum_: Ana Martin Tolivia

Ana Martín Tolivia

Amante das palabras. Cazadora de emocións. Buscadora incansable da literatura da vida, do brillo da risa, da maxia da creatividade. Experta en pouco, aprendiz eterna. De cando en vez, mestra de Lingua Castelá e Literatura en Secundaria e Bacharelato, unha escusa incrible para vivir mil vidas nunha.