Nova sección Informes

17-02-2023

Gustaríache coñecer a actividade lectora dos teus estudantes? Queres saber cantos libros leron ou están lendo? Necesitas levar información actualizada á próxima entrevista coas familias? Poñémoscho fácil! Estreamos a nova sección Informes de Ta-tum.

Nela poderás encontrar información sobre como utiliza a plataforma o teu alumnado. Na parte superior podes atopar un resumo do traballo que realizou cada clase e máis abaixo o uso de cada estudante en detalle: saberás que libro ou libros están lendo, e canto avanzaron en cada lectura, canto tempo dedicaron a ler, cantas actividades resolveron e cal é a cualificación media destas.

Como se accede a eses datos? É moi sinxelo: só tes que despregar o menú principal e facer clic en «Informes». Despois, selecciona a clase da que necesitas información e o intervalo de tempo. Quizais queiras consultar a actividade do último mes ou dos últimos seis meses… Incluso podes establecer un rango de datas.

No resumo da clase poderás ver:

Total visitas: esta cifra é o reconto dos inicios de sesión dos estudantes desta clase en Ta-tum. Ademais, contas cun gráfico de visitas que che permitirá observar en que momentos inician esas sesións.
Libros lidos: é a cantidade de títulos distintos que leron no grupo, independentemente de se son lecturas libres (elixidas polos estudantes) ou forman parte do plan lector do centro.
Tempo de lectura que o teu alumnado dedicou a ler en Ta-tum durante as datas establecidas.
Actividades: é o reconto das pescudas que se realizaron.

A continuación, poderás ver un detalle sobre cada estudante. Consulta cantas veces se conectou e realiza un seguimento da súa actividade lectora: poderás ver que libros están lendo e en que punto da lectura se encontran. Anima aos teus estudantes a explorar a biblioteca e elixir as súas propias lecturas. Ademais, se estades traballando nalgún caso, tamén poderás ver o total de actividades que realizaron e a media das cualificacións obtidas.

E podes descargalo! Fai clic no botón situado na parte superior dereita, para exportar unha folla de cálculo ou un pdf coa información.