Máis libros, novas posibilidades! Así crece a biblioteca Ta-tum!

20-05-2022

Noticia? Notición!

A biblioteca de Ta-tum dá a benvida a catro coleccións moi especiais: Cuentos del viejo roble, Los casos de Sherlock Tópez, Miranda e Ojos de Medianoche. Estes trinta novos libros non contan, a priori, con casos asociados á súa lectura. Con todo, a incorporación deste fondo editorial facilita a adaptación da actividade lectora ás necesidades da túa clase e permite personalizar o itinerario lector de forma individual ou grupal. Multiplícanse, por tanto, os usos desta biblioteca, cada vez máis enriquecida, e as súas posibilidades. Queres coñecelas? Aquí tes algunhas ideas!

Fomentar a identidade lectora: xa sexa para aprender máis sobre un tema ou entreterse, cada estudante pode explorar o fondo editorial de Ta-tum e así crear un camiño propio que asente os seus gustos ou permita descubrir novos intereses.

Ler en voz alta: trátase dunha práctica moi recomendada en todas as idades. A lectura dun capítulo ou fragmento cada día crea un clima de calidez na clase, amplía a canle informativa da historia —o que resulta moi beneficioso para o alumnado con dificultades para a lectura individual—  e crea a curiosidade suficiente para animar á súa relectura.

Utilizar a biblioteca en diferentes materias: como ben dicía Gianni Rodari «pódese entrar na realidade pola porta principal ou escurrirse nela —é máis divertido— por unha xanela». A ficción permite achegarse ou indagar nun tema desde un lugar atractivo, pouco convencional, que enriquece a condición multidisciplinaria do coñecemento.

 

Crear actividades imaxinativas que favorezan diferentes competencias. Proponlle ao teu alumnado retos relacionados coa escritura creativa, a busca de información, a dramatización, etc.

Afondar nos intereses do alumnado: a biblioteca virtual pode converterse nunha gran aliada para quen manifeste curiosidade por un determinado tema.

Calmar o apetito literario: en todas as clases hai persoas extraordinarias que máis que ler, devoran. Neste sentido, as novas obras ofrecen excelentes alternativas de lecer para aquelas horas libres ou tempo de espera, mentres o resto da clase termina unha actividade.

Ler por pracer: porque si, para sentir o gusto de vivir noutra dimensión, gozar cos personaxes e ampliar o sorriso a medida que se pasan as páxinas. 

Xa podes descubrir estas coleccións en Ta-tum:

Cuentos del viejo roble

Seis títulos recomendados para primeiros lectores. 

Con letra ligada e pictogramas.

recurso_separadorestrella_tatum

Los casos de Sherlock Tópez 

Seis títulos recomendados para primeiros lectores. 

Con letra ligada e pictogramas. Inclúe locucións para escoitar as historias.

recurso_separadorestrella_tatum

Miranda

Quince títulos recomendados a partir de 8 anos.

recurso_separadorestrella_tatum

Ojos de Medianoche

Tres títulos recomendados a partir de 10 anos.

recurso_separadorestrella_tatum

Significa isto que nunca haberá casos asociados a estas lecturas? Para nada! No catálogo «Libros», xunto a cada  lectura, atoparás o botón «Votar». Se che interesa que elaboremos unha proposta didáctica, non dubides en premelo! Non aparecerá un caso por encantamento, pero faranos saber que che gustaría contar con este recurso.

Explora, le e goza das novas posibilidades que che ofrece a biblioteca de Ta-tum. Será unha viaxe tan única como inesquecible. Feliz camiño, feliz lectura.