Xa podes ler e escoitar os casos do detective Sherlock Tópez en Ta-tum

25-03-2022

Alégranos anunciar que sumamos unha nova colección ao fondo da biblioteca Ta-tum. Agora os pequenos lectores poden converterse en auténticos detectives da man do mellor: a famosa toupa investigadora Sherlock Tópez!

Seis divertidas historias curtas onde o sagaz detective ten que resolver misteriosos casos para manter a convivencia pacífica dos animais. Xunto a Sherlock Tópez, os primeiros lectores percorrerán o bosque mentres descobren algúns dos segredos máis sorprendentes dos seus habitantes. Aprenderán como mudan de pel as cobras, a habilidade da lagarta para perder a cola, a picardía do cuco para colocar os ovos en niños alleos ou a incrible transformación dos cágados.

Estas lecturas son recomendables para nenos e nenas a partir de tres anos, porque están escritas con linguaxe sinxela, en letra ligada e inclúen cores e coidados pictogramas. Nestes libros, a diferenza doutros que atoparás na biblioteca de Ta-tum, non é posible modificar a tipografía.

Comparte a lectura en voz alta na clase, invita os papás e mamás a facer o mesmo na casa ou anima os teus estudantes a ler sós, potenciando así a súa autonomía. É unha colección ideal para dar os primeiros pasos e desenvolver o gusto pola lectura.

Ademais, poderedes escoitar as seis aventuras, xa que cada páxina inclúe a súa propia locución. 

 

Sherlock Tópez y el secuestro del oso

A pequena toupa detective recibe unha carta onde lle comunican que o oso do bosque foi secuestrado. Como pode ser posible? Todo parece indicar que se trata dunha estratexia dos esquíos roxos para obter un saco de castañas sen esforzo.

recurso_separadorestrella_tatum

Sherlock Tópez y la culebra atrevida

Os animais do bosque están escandalizados porque cren que a cobra se vai espir en público. Será un malentendido? A tartaruga, como é un pouco xorda, quizais non escoitou ben as súas palabras: só vai mudar de pel.

recurso_separadorestrella_tatum

Sherlock Tópez y el jabalí malhumorado

Algúns animais protestan polas malas maneiras do xabaril: é sucio, bruto e descoidado. Todos pensan que hai que botalo do bosque. Pronto se darán conta de que o fai sen mala intención: el é así por natureza.

recurso_separadorestrella_tatum

Sherlock Tópez y los extraños polluelos

Algúns paxaros do bosque están estrañados porque as súas crías non se lles parecen. Acoden a Tópez para tratar de indagar que é o que pasa e a pequena toupa inicia unha investigación. Terá algo que ver o cuco, que utiliza os niños doutros animais para colocar os seus ovos?

recurso_separadorestrella_tatum

Sherlock Tópez y los renacuajos desaparecidos

A mamá pato acode a Tópez preocupada porque desapareceron os cágados que criou na súa charca. No seu lugar, hai unha nova comunidade de pequenas ras. Onde está o misterio?

recurso_separadorestrella_tatum

Sherlock Tópez y la lagartija mágica

Os animais do bosque están alarmados porque cren que a pega matou a lagarta. Pero todo é unha falsa alarma! Só tivo que desprenderse da súa cola para evitar ser atrapada.

recurso_separadorestrella_tatum

Rocío Antón (Aranda de Duero, 1964) e Lola Núñez (Madrid, 1961) son amigas, prolíficas autoras de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil e conforman un exitoso tándem literario desde hai vinte e seis anos. Algunhas fins de semana contan contos para maiores e menores e escribiron xuntas a colección de Los casos de Sherlock Tópez. Tamén son as autoras das coleccións Buenos de cuento e Malos de Cuento, así como de Cuentos del viejo roble.

Lucía Serrano (Madrid, 1983) é ilustradora e licenciada en Belas Artes. Foi distinguida con premios tan relevantes como o da Fundación Cuatrogatos, o Junceda, o Premio de álbum ilustrado que convoca o Fondo de Cultura Económica ou o Princesa de Éboli. En Edelvives ilustrou a colección de Los casos de Sherlock Tópez.

recurso_separadorestrella_tatum

Se queres retar o teu alumnado con actividades sobre a lectura, invitámoste a desenvolver os teus propios casos relacionados con estes títulos. Neste artigo contámosche como podes crear un caso a medida.

Agora que xa coñeces esta colección, gustaríache dispoñer de casos sobre estes títulos para utilizalos cos teus pequenos lectores? Pronto habilitaremos a opción de «Solicitar caso» para os libros que aínda non dispoñen desta proposta didáctica.