Dous ‘webinars’ con Xurxo Cobelas

Dous ‘webinars’ con Xurxo Cobelas: aprende a editar e a crear os teus propios casos

22-02-2022

Esperamos que che estean resultando moi útiles os casos de Ta-tum. Apetéceche dar un paso máis? Propoñémosche dous webinars, da man de Xurxo Cobelas, para aprender a crear os teus propios casos, editar os xa existentes e configurar as túas propias pescudas.

As sesións teñen un enfoque práctico. Nelas verás como configurar os teus propios recursos paso a paso. O obxectivo é axudarche, a partir de exemplos, a sacar o máximo partido a Ta-tum, para que poidas aplicalo despois ás lecturas e contidos curriculares que máis che interesen.

Convidámoste a sumarte a estes interesantes webinars e esperamos que os goces!

Xurxo Cobelas

 

Relator: Xurxo Cobelas é mestre de Primaria e asesor didáctico especialista en axudar os centros educativos coas novas tecnoloxías. Fundador e copropietario de iEscola

Idioma: castelán

Duración: 50 minutos cada sesión

 

 

Edita os teus casos para traballar contidos interdisciplinarios en Ta-tum

Xoves, 24 de marzo, 18:00 h

 

Neste webinar descubrirás como, ademais de traballar a lectura mediante o catálogo de libros e casos dispoñibles en Ta-tum, podes aproveitar a ferramenta de edición de casos cun enfoque interdisciplinario. Tomando como punto de partida as lecturas, personaliza os casos xa existentes e crea as túas propias pescudas para traballar contidos curriculares das distintas materias que impartes na aula.

A partir da selección dun libro da biblioteca de Ta-tum, aprenderás a configurar o caso asociado a este libro, incluír contido curricular doutras materias, crear pescudas e analizar os resultados. Xurxo centrarase nun exemplo concreto, pero seguro que a ti se che ocorren moitas formas e motivos para personalizar os casos. Deixa voar a túa imaxinación!

 

 

Crea o teu propio contido curricular en Ta-tum 

Mércores, 6 de abril, 18:00 h

Neste webinar aprenderás a utilizar a plataforma para elaborar o teu propio contido curricular. Descubrirás como crear un caso desde cero e como configurar as túas propias pescudas (actividades), para comprobar se os teus estudantes están adquirindo os contidos.

O punto de partida é o contido curricular, que será o factor que ter en conta para consultar diferentes libros da biblioteca. Durante a sesión, verás como crear o teu propio caso e como personalizalo engadindo texto, imaxe ou vídeo. Xurxo tamén mostrará, paso a paso, como elaborar tarefas e test para retar e avaliar o teu alumnado.

 

 

  • Podes inscribirte no webinar que prefiras, ou nos dous!
  • Recibirás un correo electrónico coa ligazón de acceso a cada un dos webinars.
  • Poderás asistir desde calquera dispositivo e lugar, escoitar o noso relator en directo e preguntar as túas dúbidas.
  • Ademais, despois de cada sesión dispoñerás da gravación para vela tantas veces como queiras.