Descubre todas as coleccións que te esperan en Ta-tum!

07-12-2022

Coñeces en profundidade o fondo da Biblioteca Ta-tum? Contén libros para todos os gustos e idades! Preparamos un pequeno paseo polas coleccións en castelán, ordenadas pola idade recomendada, para que poidas elixir as que mellor se adaptan aos teus alumnos e alumnas. Acompáñasnos?  

Xa sabes que algúns dos libros aínda non contan cun caso en Ta-tum. A partir de agora poderás solicitar que creemos algún destes casos. Como? Moi sinxelo: utiliza o botón «Votar» que encontrarás na Biblioteca e envíanos a túa suxestión, escoitámoste!

 

Ala Delta, serie Laranxa (+4)

 

A nova serie Laranxa de Ala Delta estréase con tres marabillosas aventuras: Don Yata. El misterio de las bayas doradas, Nunca está de más que Fantastic Man venga a visitarte e Fantabuloso. Estes tres libros ilustrados unen a dose xusta de dozura, entretemento e humor para convertérense nunha gran ferramenta de animación á lectura. 

Son perfectos para dialogar sobre temas importantes na primeira infancia e no medio educativo. Ademais, contan con letra ligada ou maiúscula para facilitar a lectura. Co fin de respectar ao máximo o aspecto orixinal do libro en papel, non é posible modificar a tipografía. 

recurso_separadorestrella_tatum

Los casos de Sherlock Tópez (+4)

 

O famoso detective Sherlock Tópez resolve seis misteriosos casos mentres os lectores descobren os secretos máis sorprendentes dos habitantes do bosque. Aprenderán como mudan de pel as cobras, a habilidade da lagarta para perder o seu rabo, a picardía do cuco para colocar os seus ovos en niños alleos ou a incrible transformación dos cágados.

Estas divertidas lecturas para os primeiros lectores están escritas cunha linguaxe sinxela, letra ligada e contan con coloridos pictogramas. Ademais, inclúen locucións das historias. Neste caso tampouco é posible modificar a tipografía para manter o aspecto orixinal do libro en papel

recurso_separadorestrella_tatum

Cuentos del viejo Roble (+5)

 

Seis pequenas grandes historias protagonizadas por animais que reflicten as dificultades da convivencia. O coello Albin ou a ra Micaela móstranlles aos cativos como moitos problemas poden superarse cando prevalecen valores como a comprensión, o respecto e a tolerancia.

Esta colección tamén vai dirixida aos primeiros lectores e por iso conta cunha linguaxe sinxela, letra ligada e coloridos pictogramas. Non se pode cambiar a tipografía.

recurso_separadorestrella_tatum

Ala Delta, serie Vermella (+6)

 

As lecturas desta serie, recomendada a partir dos seis anos, favorecen a capacidade comunicativa, a sensibilidade artística e o desenvolvemento do espírito crítico. 

En Ta-tum, encontrarás 27 interesantes títulos da serie Vermella de Ala Delta que poderás ler en voz alta ou en silencio, en gran grupo ou de forma individual; miradas divertidas sobre temáticas universais que lles revelan aos máis pequenos o mundo máxico da lectura.

Consulta aquí as últimas novidades.

recurso_separadorestrella_tatum

Ala Delta, serie Azul (+8)

 

A Biblioteca Ta-tum xa conta nos seus andeis virtuais cun total de 29 libros da serie Azul (recomendada a partir dos oito anos). Estas atractivas historias para lectores independentes, que invitan a rir, marabillarse e facerse preguntas, son imprescindibles nos plans lectores de moitos centros educativos.

Descubre aquí os últimos títulos.

recurso_separadorestrella_tatum

Miranda (+8)

 

Unha colección delicada, entrañable, necesaria e próxima que conecta o presente dunha curiosa nena de oito anos coa biografía de grandes mulleres da ciencia, a arte e a cultura. As 14 historias de Miranda fomentan a curiosidade dos estudantes xa que poden conectarse con outras áreas de coñecemento. 

Un excelente recurso para abordar contidos de forma transversal e descubrir a vida e obra de apaixonantes mulleres como Eva Perón, Frida Kahlo, Billie Holiday, Jane Goodall ou Emily Brontë.

recurso_separadorestrella_tatum

Escuela Avante (+8)

 

Esta colección ambiéntase na Escola de detectives Avante e presenta enigmas que animan a pensar ao mesmo tempo que inclúe moita, pero moita!, aventura.

Os títulos desta triloxía son Las inauditas apariciones de la isla de Nolan, El extraño caso del castillo Billinghurst e Los espectrales sucesos de la mansión Farrel. Axel, Zinca, Helena, Oto, Ciro e Arístide protagonizan estas incribles historias. Son detectives con diferentes habilidades e a súa maior fortaleza é o traballo en equipo. Xuntos forman o grupo Nautilus!

Dispós das tres novelas en castelán, catalán, éuscaro e inglés.

recurso_separadorestrella_tatum

Ala Delta, serie Verde (+10)

 

A serie Verde de Ala Delta inclúe unha selección de textos para os lectores máis esixentes. Xa están dispoñibles na Biblioteca Ta-tum un total de 30 títulos desta serie, recomendada a partir dos 10 anos. Visións contemporáneas e provocativas sobre temas que acompañarán os lectores durante toda a súa vida, que permitirán realizar reflexións e debates na aula.

Entra aquí para saber máis sobre as últimas incorporacións.

recurso_separadorestrella_tatum

Ojos de Medianoche

 

As historias de fantasía épica de Daniel Hernández Chambers, ilustradas por Antonio Lorente, teñen todos os elementos para fascinar ao público adolescente: épica, maxia e un protagonista que, pese ás adversidades, xamais se dá por vencido!

Los seres sin sombra, El país de los Gigantes e El linaje de los Orcans son os títulos desta triloxía protagonizada por Crey, un mozo orfo que se ve envolto nunha loita solitaria por salvar os pobos do val do Nalcar, quen vivirá unha infinidade de aventuras rodeado de seres de lenda: guerreiros, bruxos, xigantes e trasnos.

Tamén podedes ler as tres novelas en inglés.

recurso_separadorestrella_tatum

Alandar (+12, +14)

 

En Ta-tum encontrarás un total de 44 lecturas desta colección, recomendadas para estudantes a partir dos 12 ou 14 anos. As obras, de distintas temáticas, invitan a reflexionar sobre valores e axudan a concienciar o teu alumnado sobre os problemas da sociedade actual. 

Consulta aquí os últimos títulos de Alandar que se sumaron á Biblioteca Ta-tum.

recurso_separadorestrella_tatum

Clásicos Hispánicos (+12)

 

E, por suposto, os grandes clásicos! Na Biblioteca Ta-tum podes ler 15 obras de literatura clásica española, como La casa de Bernarda Alba, Lazarillo de Tormes ou Don Quijote de la Mancha. Cada un destes libros conta cunha elaborada introdución onde se presentan a obra e o autor, ofrécese información do contexto histórico e literario e  analízanse as súas características principais. Ademais, inclúese unha guía de lectura crítica e comprensiva, e unha proposta de actividades. O obxectivo desta colección é achegar o alumnado, de maneira amena e atractiva, aos grandes autores españois e ás súas obras.

 

Vota! Estamos atentos aos novos casos que che interesan.

Ademais, temos outra gran novidade que che adiantabamos ao inicio deste artigo. Agora podemos escoitarte máis que nunca! Como non todos os libros da Biblioteca Ta-tum teñen un caso desenvolvido, creamos un botón para saber de que lecturas che interesaría que desenvolveramos unha proposta didáctica.

 

O botón «Votar» só aparece naqueles libros que aínda non contan cun caso. Prestarémoslles moita atención ás votacións e centraremos os nosos esforzos naquelas lecturas que os profes considerades prioritarias. Agardamos os vosos votos!