Ta-tum Crea tus propias pesquisas

Crea as túas propias pescudas

10-01-2022

Ta-tum ofrece moitas posibilidades á hora de personalizar os procesos de ensino-aprendizaxe. Unha delas —que ademais che permitirá atender a diversidade e compartir recursos co teu alumnado— é crear as túas propias pescudas. Pero, que son as pescudas? Actividades relacionadas con cada lectura.

 

Ta-tum mensaje crear pesquisas

En primeiro lugar, accede ao caso no que queres crear as novas actividades e asegúrate de que te atopas na lapela «As pescudas». O menú «Crear novo» permíteche configurar as túas propias mensaxes, tarefas e tests.

 

Ta-tum mensaje crear pesquisas

Utiliza as mensaxes se queres enviar información ou avisos: unha pista, unha felicitación… Ou compartir co teu alumnado arquivos do teu Google Drive ou vídeos de YouTube.

Escribe a túa mensaxe e, se o necesitas, engade un arquivo desde o teu Google Drive. Agora, selecciona quen envía a mensaxe: ti ou algún dos personaxes da escola Avante. Tamén podes decidir quen a recibe: un estudante, varios ou toda a clase. Por último, publica inmediatamente a mensaxe, prográmaa para máis tarde ou gárdaa nos borradores se non remataches de traballar nela.

 

Ta-tum Tarea crear pesquisas

Crea tarefas para retar o teu alumnado con actividades de resposta aberta, tanto de reforzo como de ampliación, segundo as súas necesidades. Por exemplo, anímaos a que busquen información sobre un tema, convídaos a investigar sobre quen escribiu ou ilustrou a obra, exponlles situacións hipotéticas para que dean renda solta á súa creatividade ou pídelles que inventen un final alternativo. Tamén podes pedirlles que reflexionen acerca dun vídeo que ti elixas ou que consulten un arquivo do teu Google Drive. Estas son só algunhas ideas, imaxinación ao poder!

Fai clic en «Tarefa», engade un título para a actividade, explica moi ben como completala nas instrucións e, se o necesitas, engade arquivos do teu Drive. Ademais, podes inserir vídeos de YouTube. De novo, podes elixir quen envía e recibe esta pescuda, non é xenial?

Lembra que podes establecer unha data de entrega e configurar as recompensas da pescuda (puntos e medallas).

Finalmente, publica, programa ou garda nos borradores esta tarefa, así de sinxelo.

 

Ta-tum test crear pesquisas

Os tests son actividades autocorrixibles de opción múltiple, encher espazos ou clasificación. En total, dispós de cinco modelos de preguntas editables. En cada pescuda podes engadir tantas preguntas como queiras, combinando calquera dos tipos dispoñibles.

Fai clic en «Crea un novo exercicio» e despois en «Nova pregunta». Selecciona o modelo de pregunta que queres utilizar e completa todos os campos que aparecen na pantalla «Edición» da pescuda. Nela poderás escribir o enunciado, incluír contido audiovisual de apoio e configurar as respostas e a súa puntuación. Non esquezas indicar cal é a resposta correcta. A medida que vaias avanzando, aparecerá unha vista previa na parte dereita da pantalla. Cando termines a pregunta, pulsa en «Rematei». Se queres, poderás crear máis preguntas. Non esquezas poñerlle un nome ao exercicio antes de pulsar.

Neste caso tamén poderás decidir quen envía e recibe esta pescuda, axustar a data de entrega e os premios que se poden conseguir. Se non remataches, gárdao nos borradores e continúa máis tarde. Todo o que gardes como borrador aparecerá no despregable de «Pescudas non publicadas» para seguir traballando nelas.

Bota unha ollada a este videotitorial no que te guiamos paso a paso na creación de pescudas.

 

Xa tes nas túas mans todas as ferramentas para crear unha experiencia de aprendizaxe divertida, personalizada e, por suposto, significativa.