conoce ta-tum

Introdución a Ta-tum

31-07-2023

Aínda non sabes ben que é Ta-tum? Queres saber como se accede á plataforma e todo o que che espera dentro?

Descúbreo con este webinar gratuíto da man de Ángela Hernández Domingo, Project Manager de Ta-tum.

 

ponente Ángela

 

Relatora: Ángela Hernández Domingo, Project Manager de Ta-tum, Asesora Pedagóxica, profesora de ESO e Bacharelato, Educadora Certificada Google Nivel 1 e 2.

Idioma: castelán

Duración: 45 min

 

 

 

 

Nesta primeira sesión en castelán a nosa relatora presentarache a narrativa de Ta-tum, unha nova proposta de gamificación que converte cada libro nun misterioso caso que os detectives (o teu alumnado) deben resolver.

Primeiro, Ángela ensinarache como acceder a Ta-tum paso a paso. Comezando desde a páxina web, realizará unha visita guiada por toda a plataforma, explicando a interface e todas as opcións desde un perfil de usuario Docente, para que non haxa segredos para ti. Tamén che mostrará a app, que permite acceder á librería desde calquera dispositivo móbil.

Ademais disto, contarás cunha serie de recursos adicionais dispoñibles para o profesorado, como a newsletter Extra, extra!, coa que poderás informarte de todas as novidades, ou o blog Café Ta-tum, onde encontrarás recomendacións de lecturas, entrevistas e moito máis. Non só iso, senón que tamén tes á túa disposición unha morea de videotitoriais paso a paso para guiarte no uso da plataforma.

Para que non o perdas, dispós das seguintes datas para participar. Para inscribirte, preme na que prefiras. Recibirás un correo coa ligazón de acceso ao webinar. Non o penses máis e apúntate!

 
Ver vídeo
 

Poderás asistir ao webinar desde calquera dispositivo e lugar e escoitar en directo a nosa relatora. 

Unha vez finalizado, poderás acceder á gravación da sesión e vela tantas veces como queiras.