1327072542

Como pode mellorar Ta-tum a comprensión lectora e a adquisición do hábito lector do teu alumnado?

14-05-2024

Ta-tum pode transformar significativamente a maneira na que o teu alumnado aborda a lectura.

A través dun enfoque lúdico e tecnolóxico, a plataforma ofrece unha serie de recursos e ferramentas que non só melloran a comprensión dos textos senón que ademais motivan os estudantes a desenvolver e manter no tempo unha rutina de lectura.

Lecturas adaptativas: esta personalización favorece a adaptación ao nivel de comprensión lectora de cada alumno e alumna, asegurando que todos os estudantes poidan ler con confianza e sen frustracións.

Preguntas e actividades interactivas: ao final de cada lectura, Ta-tum propón preguntas e actividades interactivas que reforzan a comprensión do texto. Estas actividades non só avalían, senón que tamén ensinan estratexias de lectura crítica de maneira divertida e atractiva.

Feedback inmediato: a plataforma proporciona unha retroalimentación instantánea sobre as respostas e actividades do alumnado, permitíndolle aprender dos seus erros en tempo real.

Sistema de recompensas: a través de puntos e logros para motivar a seguir lendo. Ao completaren libros e actividades, os estudantes gañan recompensas.

Variedade de xéneros e temáticas: a biblioteca abrangue diversos xéneros e temáticas. Esta variedade é clave para desenvolver un hábito lector, xa que permite explorar diferentes mundos, personaxes e historias.

Ao combinar tecnoloxía, gamificación e contidos educativos de calidade, Ta-tum representa unha ferramenta poderosa e versátil para mellorar a comprensión lectora e fomentar a práctica habitual da lectura en estudantes de todas as idades.