
A colección ‘Miranda’ chega á biblioteca de Ta-tum
Delicada, entrañable, necesaria e próxima. Así é a colección Miranda, que une o presente dunha curiosa nena de oito anos coa biografía de grandes mulleres da ciencia, a arte e a cultura.
Porque a Miranda, a súa protagonista, gústalle que lle conten historias, pero máis se son de verdade. En cada libro mergúllase na vida de personalidades como a pintora Frida Khalo, a química Marie Curie, a actriz e inventora Hedy Lamarr ou a cantante de jazz Billie Holiday. Mulleres extraordinarias de vidas interesantes que contribuíron con grandes achegas á humanidade.
Incorporamos á nosa biblioteca Ta-tum catorce títulos desta colección. Anímate a coñecelos!
Amelia Earhart: a piloto que ensinou as mulleres a voar.
Billie Holiday: unha das voces máis influentes da música.
Cleopatra: a raíña faraoa máis recordada de Exipto.
Coco Chanel: a muller que revolucionou a moda.
Concepción Arenal: a avogada que venceu os prexuízos para defender os máis vulnerables.
Emily Brönte: a escritora que retratou a alma da Inglaterra vitoriana.
Evita: a presidenta que velou polos pobres.
Frida Khalo: pintouse ela mesma e, con ela, o mundo.
Hedy Lamarr: a actriz que nunca abandonou a arte de inventar.
Hildegarda: a polifacética abadesa que deixou a súa pegada na Idade Media.
Indira Ghandi: o desafío de gobernar A India.
Jane Goodall: unha vida de superación e amor polos chimpancés.
Xoana I de Castela: unha muller valente que nunca se deu por vencida.
Marie Curie: paixón pola ciencia e inspiración de moitas nenas.
Nadia Comăneci: o primeiro dez da ximnasia feminina.
As voces detrás da colección son Itziar Miranda, rostro coñecido da televisión polo seu papel de Manolita nas series Amar en tiempos revueltos e Amar es para siempre, e o seu irmán Jorge Miranda, licenciado en Historia da Arte. As ilustracións son de Lola Castejón, Thilopía, quen dá vida ás tramas con lapis, acuarela e suaves estampados.
O de Miranda é un universo de beleza e desenfado. Animámoste a entrar nel a través dos seus libros, onde te espera un novo e orixinal camiño para achegar a túa clase á lectura.
Podes compartir cada día un capítulo en voz alta, recomendar a súa lectura a quen acabe as súas tarefas ou crear as túas propias actividades. Neste artigo contámosche como podes crear un caso a medida. Non obstante, se queres que preparemos o caso dalgún dos libros, podes solicitalo facendo clic no botón correspondente. Moi pronto terás dispoñible a opción de «Solicitar caso» para os libros que aínda non contan cunha proposta didáctica.
Adéntrate nesta fascinante colección!