Ta-tum cubiertas Escuela Avante

Colección Avante: misterios e escenarios asombrosos

19-11-2021

É un segredo a voces que a prestixiosa Escola Avante se encontra no corazón de Ta-tum. Pero poucos saben que os arquivos coas súas historias, ademais de lerse en dixital,  están en papel. En concreto, gárdanse en tres libros coñecidos como Colección Avante

A triloxía recoméndase para detectives de 8 anos en adiante e está pensada para ler como prefiras: en gran grupo, individualmente, na aula, despois de comer, antes de durmir, nun recuncho do parque ou en vacacións. Unha vantaxe máis? Está dispoñible en castelán, catalán, éuscaro e inglés. 

Os libros teñen en común a unión dun ambiente futurista, enigmas que animan a pensar e moita, moita aventura. Os protagonistas son Áxel, Zinca, Helena, Oto, Ciro e Arístide, detectives con diferentes habilidades cuxa maior fortaleza é o traballo en equipo. Xuntos forman o grupo Nautilus e sempre están alerta para un novo caso! Ata o momento, resolveron os seguintes:

 

El extraño caso del castillo Billinghurst

Castillo Billinghurst

O grupo enfróntase á súa primeira misión: descubrir o sagaz ladrón das sete xoias máis valiosas do mundo. Para iso deben viaxar ao castelo Billinghurst onde, sospeitan, estará presente, mentres ocorre un evento do máis curioso e fascinante. Lograrano?

Las inauditas apariciones de la isla de Nolan

Isla de Nolan

Un museo submarino de difícil acceso, cadros que aparecen sen ser autorizados, un excéntrico filántropo e preguntas cuxas respostas remiten ao incrible. Ingredientes seguro que atractivos para que o grupo Nautilus se poña en marcha. Como franquear o infranqueable? Que fin persegue quen expón os cadros en segredo? Haberá que mergullarse neste misterio para encontrar a solución que trae de cabeza as autoridades.

 

Los espectrales sucesos de la mansión Farrell

Mansión Farrell

Un suposto fantasma custodia un tesouro agochado nunha vella casona que garda obxectos de navegación e, máis interesante aínda, de piratería. Que é o que, en verdade, ocorre? Nesta historia nada é o que parece e o noso equipo deberá enfrontarse a unha misión non autorizada para resolvelo.

 

David Fernández Sifres é o autor detrás destas novelas que beben dos seus inesquecibles recordos de coleccións como El club de los cinco ou Alfred Hitchcock y los tres investigadores. Con premios de gran recoñecemento na literatura infantil e xuvenil como o Ala Delta, Alandar e o Barco de vapor, afrontou o desafío de poñerlles voz aos personaxes e crear historias de aparente sinxeleza, onde están equilibrados distintos recursos narrativos como o humor, o misterio e tramas cribles capaces de chamar a atención de alumnos e alumnas.

Albertoyos é o creador das ilustracións; pioneiro en ilustración e pintura dixital. O seu talento e imaxinación deron lugar á imaxe de Áxel, Zinca, Oto, Helena, Ciro e Arístide, así como das escenas das aventuras que se viven na colección Avante. Traballou en prensa, publicidade e deseño. Pero non todo vai ser visto e non visto! Igual ca Helena, ten un súper oído e unha boa voz que o levaron a ser locutor, guionista de radio e intérprete de obras de radioteatro.

Personajes Escuela Avante

De agora en adiante, hai que estar á espreita porque:  «ninguén pode pedir que o admitan na escola de detectives Avante. Non ten formularios de admisión nin acepta peticións. […] Un bo día, en calquera lugar, a calquera hora, quizais só ou ao mellor acompañado, nun restaurante ou no colexio, un descoñecido tócache o ombro. Elixímoste —di». Talvez ti e a túa clase sexades os próximos en entrar na prestixiosa institución; nunca se sabe cando o misterio chama á porta e, como dicía Julio Cortázar, a fenda deixa ver o prado onde rincha o unicornio.