HELP! Axuda integrada na plataforma

09-06-2022

Tes dúbidas sobre o funcionamento da plataforma? Queres saber como utilizan Ta-tum outros docentes? Gustaríache poñerte en contacto co noso servizo de soporte? Poñémoscho fácil! Estreamos Axuda: unha nova funcionalidade que vai ser clave tanto para profes como para estudantes, adaptándose a cada perfil.

Na sección Axuda os docentes encontrarédesvos vídeos titoriais de uso de Ta-tum, gravacións de webinars formativos e un formulario de contacto. Onde está toda esta información? Integrada na plataforma. Desde Ta-tum accede a esta sección a través da icona da interrogación que se encontra na parte dereita da barra superior.

 

A pestana «Titoriais» permite acceder a todos os vídeos nos que se mostra paso a paso o funcionamento de Ta-tum, tanto aos que se crearon para docentes coma aos que se prepararon para acompañar aos teus estudantes. Así, a golpe de clic, poderás consultar toda esta información para resolver as túas dúbidas e tamén as súas.

 

Na pestana «Webinars» vas encontrar as gravacións das formacións en liña impartidas por expertos durante o curso escolar. Nesta galería de vídeos hai dous tipos de webinars:

  • De posta en marcha; para comezar a utilizar Ta-tum na túa aula. Algúns docentes usuarios da plataforma comparten consellos prácticos sobre os primeiros pasos co seu alumnado, suxestións sobre lecturas e dinámicas de aula, etc.
  • E formativos, que afondan en conceptos relacionados coa lectura ou co uso avanzado de Ta-tum da man de profesionais como Lara Meana, experta en mediación lectora, ou Xurxo Cobelas, especialista na creación de materiais didácticos na plataforma.

 

Ademais, en Axuda dispós dun sinxelo formulario de contacto para facer consultas e notificar incidencias. Fai clic no botón «Necesitas axuda?» da parte inferior dereita da pantalla para despregar o formulario. Recorda detallar a información e así poderemos resolver a túa consulta o antes posible. Necesitamos saber desde que navegador accedes a Ta-tum e que dispositivos utilizas, ademais de detalles da consulta. Por exemplo, se atopaches unha errata nun libro, estes detalles serían o título, o idioma, a páxina e o erro que detectaches.

 

Bótalle un ollo a este vídeo para ver como funciona!

Os estudantes tamén dispoñen de Axuda, onde encontrarán contido seleccionado para o seu perfil: poderán acceder aos videotitoriais para aprender a manexar a plataforma como auténticos detectives literarios.