Ta-tum Plataforma Escuela Avante

​​Que é a Escola Avante? Coñece as súas claves e segredos!

26-10-2021

Avante é unha prestixiosa escola de detectives creada para acompañar os teus alumnos e alumnas na resolución de misterios literarios. Ten a súa sede en Ta-tum, onde opera coas máis variadas técnicas de gamificación para promover o gusto pola lectura. Gustaríache coñecela mellor? Salta ao seguinte parágrafo!

A gamificación consiste en utilizar elementos dos xogos nun contorno non lúdico. A miúdo, cando xogamos, mergullámonos en universos fantásticos. Por iso, Ta-tum proponche ambientar o traballo do plan lector nun mundo de detectives. Esta é a narrativa do proxecto que serve de fío condutor para dinamizar a lectura na aula.

Na nosa historia, os personaxes e os obxectos dos libros están desaparecendo debido a estraños sucesos: un encontro cun cometa, un tornado, un virus informático ou o roubo dun libro máxico. Estes son os catro episodios que che axudarán a introducir o teu alumnado na narrativa. Os detectives da Escola Avante necesitan a vosa axuda para rescatar personaxes e libros a través de distintas probas e desafíos vinculados ás competencias lectoras.

Ta-tum Escola Avante

Para superar estes retos podes contar co grupo Nautilus: seis detectives con diferentes idades e orixes que guiarán a túa clase nun contorno amigable e motivador de estética steampunk. Cada un deles ten habilidades especiais, que, cando se poñen en xogo, fan que o grupo sexa máis que a suma das partes. Queres coñecelos?

 

 

Ta-tum Escuela Avante Axel

 

Áxel (15 anos) é o maior. Viaxante nato, leva a arte da invención inscrita no seu ADN. Perdeu parte da visión do ollo esquerdo nunha misión e, desde entón, utiliza un monóculo de bronce creado por el mesmo que lle axuda a ver detalles que aos demais lles pasan inadvertidos.

 

 

Ta-tum Escuela Avante Zinca

 

Zinca (13 anos) lidera o grupo grazas á súa extraordinaria intelixencia e capacidade organizativa. É quen deseña os plans máis atrevidos e eficaces. E encántalle a música! Vén dunha familia que se dedica á venda ambulante. Foi recrutada nunha illa grega.

 

 

Ta-tum Escuela Avante Oto

 

Oto (12 anos) ten unha grande habilidade narrativa. Este preadolescente de orixe rusa pode convencer a calquera cos seus elaborados discursos. É o cronista do grupo e sempre está de bo humor.

 

 

 

Ta-tum Escuela Avante Helena

 

Helena (9 anos) é afeccionada ás novelas de Jules Verne e moi amiga de Zinca. Creceu no campo e ten os sentidos máis desenvolvidos do normal, en especial o tacto, o olfacto e o oído. Outra das súas calidades é a lectura en voz alta.

 

 

 

Ta-tum Escuela Avante Ciro

 

Ciro (6 anos) aínda pelexa co idioma! Pero cada día aprende máis e mellor. Nacido en África, coñece e percibe os segredos da natureza coma ninguén. Tamén é frecuente velo co seu caderno e uns cantos lapis, pois lle encanta debuxar. Sobreviviu, xunto co director da Escola Avante, a unha gran traxedia no mar.

 

 

Ta-tum Escuela Avante Aristide

 

O equipo non estaría completo sen Arístide, que axudou ao grupo en máis dunha ocasión. Leva un elaborado arnés inventado por Áxel debido a unha lesión na súa columna.

 

 

 

 

 

Como viches, Nautilus é unha banda de gran valor. Cada un dos seus membros enriquece o grupo para conseguir xuntos todo o que se propoñen. A Escola Avante dálle a benvida a todo aquel que, máis alá das súas habilidades ou da súa historia persoal, conta coa valentía para afrontar os desafíos propostos. Agora que xa coñeces a narrativa que propón Ta-tum para gamificar a experiencia lectora do teu alumnado… a que esperas para entrar nesta prestixiosa escola e sentir como latexan os libros?